NAS CLASES DE PSICOMOTRICIDADE DESTA SEMANA IMOS ADESTRAR PARA SERMOS FUNAMBULISTAS NO CIRCO DA SRA. LINGUA:
- QUECEMENTO: IMOS MOVERNOS LIBREMENTE QUENTANDO SOBRE TODAS AS PARTES DO CORPO. UN FUNAMBULISTA UTILIZA OS SEUS CINCO SENTIDOS.
- XOGOS ESPACIAIS: DUN LADO A OUTRO DA CORDA (OS BANCOS) IMOS DESPRAZÁNDONOS DE DIFERENTES MANEIRAS (CAMIÑANDO, ÁS CATRO PATAS, ETC.).
- XOGOS CORPORAIS: FALAREMOS DAS PARTES DO CORPO UTILIZAMOS NESE XOGO.
- XOGOS TEMPORAIS: PENSAREMOS QUE HAI QUE FACER PRIMEIRO PARA SUBIR Á CORDA, QUE HAI QUE FACER DURANTE E QUE HAI QUE FACER DESPOIS, AO BAIXAR, PARA NON LEVAR UNHA MORRADA.
- RELAX: FORMAREMOS A NUBE DE CALMA FUNAMBULÍSTICA. CADA CATIVO SERÁ, COMA SEMPRE, UN RABO DE NUBE.