IMAXE: RAMÓN PARÍS LAGO. |
DESPOIS DO CUMPRE DE NICO, FIXEMOS UN TREN E MARCHAMOS PARA A BIBLIOTECA. IAMOS BEN PREPARADOS PORQUE LEVAMOS FALANDO DA EXCURSIÓN MOITO TEMPO. OLE, A MASCOTA DA BIBLIO, MANDÓUNOS UNHA CARTA PARA QUE O FÓSEMOS VISITAR E PUXÉMONOS A PENSAR EN COMO CHEGAR ATA ALÍ. ASÍ QUE FOMOS A BING MAPS E A GOOGLE MAPS. ALÍ BUSCAMOS O COLEXIO E LOGO A BIBLIOTECA DA SAGRADA FAMILIA. TRAZAMOS DIFERENTES PERCORRIDOS EN DISTINTAS CORES.
E ESTIVEMOS VALORANDO CAL ERA MÁIS CURTO, EN CAL CANSARIAMOS MÁIS, SE TIÑAMOS QUE CRUZAR A PONTE PEONIL...
AO FINAL DECANTÁMONOS POLO ROTEIRO VERMELLO. E ALÁ FOMOS.
UNHA VEZ ALÍ, AS BIBLIOTECARIAS ESTIVÉRONNOS EXPLICANDO PARA QUE SERVEN AS PEGATINAS DE CORES QUE LEVAN ALGÚNS LIBROS E FÓRONNOS LENDO UN DE CADA CATEGORÍA.
IMAXES: RAMÓN PARÍS LAGO. |
FINALMENTE, CO NOSO SUPERCARNÉ, QUE NOS PERMITE TRAER ATA 30 LIBROS, METEMOS O QUE MÁIS NOS APETECÍA A CADA UN E UNHA NUNHA MALETA E ACAREXÁMOLOS PARA A CLASE.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
PON AQUÍ O TEU COMENTARIO.