27/11/15

SAÍDA AO CGAI

IMAXE: RAMÓN PARÍS LAGO.

ESTIVEMOS TODA A SEMANA PASADA FALANDO DA SAÍDA AO CGAI (O CINE, COMO LLE CHAMAMOS NÓS). LEMBRABAMOS AS PELÍCULAS QUE IAMOS VER...

SHANGOUL E MANGOUL


O PEIXE ARCO DA VELLA


LILI HOSAK (PE PE PEQUENO ESTANQUE)


...FALABAMOS DE QUE PODERÍAN TRATAR E, NO RECANTO DA BILBIOTECA, ESTIVEMOS A DISCUTIR SOBRE A RUTA QUE DEBERÍA SEGUIR O BUS QUE NOS ÍA LEVAR. EFECTIVEMENTE, PARTIMOS DUN TEXTO REAL (UN MAPA DE A CORUÑA DESCARGADO DE GOOGLE MAPS), PARA SITUAR O NOSO PUNTO DE PARTIDA E O DE CHEGADA. MIRADE A PABLO E A MARCOS CONSULTANDO O MAPA.
IMAXE: RAMÓN PARÍS LAGO.
VIMOS QUE SÓ SE PODÍA IR POLOS CAMIÑOS BRANCOS (AS RÚAS) E EVITAMOS MARCAR O PERCORRIDO POLAS PARTES GRISES (OS EDIFICIOS). TAMÉN NOS QUEDOU CLARO QUE NON RESULTABA RECOMEDABLE DICIRLLE AO CONDUTOR QUE NOS LEVASE POLA PRAIA OU O MAR.
IMAXES: RAMÓN PARÍS LAGO.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

PON AQUÍ O TEU COMENTARIO.