25/01/15

Nº6 DE ROTHKO (PARTE 1)

IMAXE: RAMÓN PARÍS LAGO.

PUXÉMONOS MANS Á OBRA, Á OBRA DE MARK ROTHKO. OS CADROS DESTE ARTISTA SON MOI GRANDES (OCUPAN PAREDES ENTEIRAS) E, SE NOS DEDICÁSEMOS A IMITALO E CREAR PEZAS COMA AS DEL, NON NOS ABONDARÍAN OS MUROS DA NOSA CLASE. ASÍ QUE DECIDIMOS PINTAR NUN FORMATO MÁIS PEQUENO, QUE NOS COLLESE, POR EXEMPLO, NA PORTA DA CLASE. COMO A SUPERFICIE A COLOREAR ERA MOI GRANDE E OS PINCEIS DA CLASE MOI PEQUENOS, DECIDIMOS UTILIZAR OUTROS INTRUMENTOS. FOMOS, ENTÓN, Á CLASE DA MESTRA Mª JOSÉ E PEDÍMOSLLE UNS ROLOS.
IMAXES: RAMÓN PARÍS LAGO.
LOGO, ESCOLLEMOS A PINTURA DE FONDO (AMARELA), PERO ESQUECEMOS ALGO: O TÍTULO DO CADRO. EN EFECTO, O CADRO CHÁMASE Nº6 (AMARELO, BRANCO, AZUL SOBRE AMARELO CON FONDO GRIS) E, CLARO, DEBERIAMOS TER COLOREADO PRIMEIRO DE GRIS. PERO, NON PASA NADA, OCORRÉUSENOS QUE, UNHA VEZ REMATADO O CADRO, PINTARIAMOS OS BORDES DESA COR (E ASÍ NON SE NOTARÍA TANTO).

Ningún comentario:

Publicar un comentario

PON AQUÍ O TEU COMENTARIO.