XA COLGA NA PORTA A
RECREACIÓN DO CADRO DE ROTHKO QUE
ESTIVEMOS PREPARANDO ESTES DÍAS. COSTOU MOITO E DECATÁMONOS DE QUE, CANDO UN SE PON A IMITAR A UN ARTISTA, NON É TAN DOADO. XURDÍRONNOS MOITOS PROBLEMAS QUE XA FÓCHEDES VENDO NOS ARTIGOS ANTERIORES. POR EXEMPLO, HOXE NON ERAMOS QUEN DE CREAR UN GRIS TAN ESCURO COMO O DA OBRA DE ROTHKO. E, NÓS, VEÑA A ENGADIRLLE MÁIS NEGRO, E MÁIS, E MÁIS...
OUTRA DIFICULTADE, O AZUL NON NOS SAIU TAN INTENSO COMO O DEL. E ISO QUE MISTURAMOS DÚAS VECES NEGRO E AZUL. PERO, NADA, NON DEMOS COA COR.
AGORA, XA O TEMOS NA PORTA E, VÉNDOO TODOS OS DÍAS, PODEREMOS IR COMPROBANDO OUTROS DETALLES QUE NON NOS QUEDARON EXACTAMENTE IGUAIS: OS RECTÁNGULOS NON TEÑEN A MESMA PROPORCIÓN, O BRANCO DEBERÍA TER SIDO MÁIS TRANSPARENTE PARA DEIXAR VER O AMARELO, O AMARELO DE
ROTHKO É MÁIS LUMINOSO... PERO, SOBRE TODO ISO HABEMOS DE DEBATER ESTES DÍAS.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
PON AQUÍ O TEU COMENTARIO.