19/12/12

RAP DO NADAL


ESTIVEMOS NOS ESTUDOS DE GRAVACIÓN EPB EDITANDO UN PEQUENO HIP-HOP PARA O NADAL. NON, ESTE NON. REFÍROME A ESTE, QUE DURA TODO O ANO. 
TITÚLASE GOSTAS DO NADAL? E TÉNDELO NO APARTADO O QUE GRAVAMOS (O REPRODUTOR DE AUDIO QUE HAI MÁIS ABAIXO, VAIA). PREMEDE NA CANCIÓN E A VER QUE VOS PARECE. FELICES FESTAS!

14/12/12

CANTOS XOGOS CON CONNIE


PAULO PRESÉNTAVOS Á VACA CONNIE. EN AO QUE XOGAMOS PODEDES ACCEDER Á PÁXINA DA VACA, ONDE GOZAREDES DE MOITOS XOGOS E CONTOS. ENJOY!

13/12/12

APRENDE PALABRAS CON FERVELLO


PAULO INCLUIU UN NOVO XOGO EN AO QUE XOGAMOS. NEL PODERÁS APRENDER UNHA CHEA DE PALABRAS CON FERVELLO E OS XOGOS QUE PROPÓN. PREME NA IMAXE E A GOZAR!

12/12/12

XOGO CO LIBRO ESPECIAL



VEÑA! UN XOGO PARA FIXARSE BEN. PREME NA FOTO E ADIVIÑA A QUE PARTES DO CONTO RATO TOM E RATA TOMASA PERTENCEN. COME ON!

11/12/12

A SRA. LINGUA, UNHA CANTANTE SILECIOSA


O INVERNO CHEGOU E TAMÉN AFECTOU Á NOSA AMIGA. COLLEU UN ARREFRIADO DE AUPA E AGORA NON TEN VOZ. A ELA ENCÁNTANLLE AS PANXOLIÑAS. COÑECE MOITAS E CÁNTAAS SEGUIDO. MAIS HOXE, CANDO CANTA, SÓ É QUEN DE MOVER OS BEIZOS SEN ARTICULAR PALABRA. 
AO CABO DUN ANACO, COMO SE ABURRE, PROPON UN XOGO COS SEUS AMIGOS OS BEIZOS: ELES TEÑEN QUE PRONUNCIAR UNHA VOGAL SEN EMITIR SON NINGÚN E ELA TEN QUE ADIVIÑAR DE CAL SE TRATA. QUE VOS PARECE? XOGAMOS?

10/12/12

A NOSA NOVA EMISORA DE AUDIOS


TEMOS UNHA NOVA APLICACIÓN EN A TROPA DE PAULO. É UN REPRODUTOR DE AUDIOS, ONDE IMOS IR COLGANDO AUDIOS DE INTERESE. ESTÁ COLOCADO NA METADE DEREITA DA PÁXINA, ENTRE O QUE FACEMOS E OS AMIGOS QUE TEMOS.
PARA INAUGURALO, TEMOS SUBIDO UN MP3 COA CANCIÓN EN HIP-HOP QUE FIXEMOS COS AUDIOS QUE GRAVAMOS CON PARTES DO CONTO DE CORRE, CORRE CABACIÑA. PAULO DI QUE NON FOI SEN TEMPO. PERO, QUE QUEREDES? MÁIS VALE TARDE CA NUNCA.

07/12/12

GRAVAMOS AS NOSAS ACCIÓNS NO EDI




NOTEBOOK É UN PROGRAMA ESPECÍFICO PARA O ENCERADO DIXITAL INTERACTIVO. CON EL PODEMOS FACER UNHA CHEA DE COUSAS E HOXE ÍMOSVOS PRESENTAR UNHA: A GRAVACIÓN DUN VÍDEO CO QUE FACEMOS NO EDI. OLLO! NON SAÍMOS NÓS. SAEN SÓ OS PASOS QUE SEGUIMOS PARA REALIZAR UNHA ACTIVIDADE. BOTÁDELLE UNHA OLLADA AO VÍDEO!

30/11/12

FACIANAS TOLAS


HABÍA TEMPO QUE PAULO NON NOS TRAÍA UN XOGO PARA COÑECER O CORPO HUMANO. HOXE, DÉIXANOS EN AO QUE XOGAMOS UN FLASH NO QUE PODEMOS CREAR FACIANAS DIVERTIDAS. GOZADE!

29/11/12

PRACTICA PALABRAS EN GALEGO


PAULO QUERE QUE COÑEZAMOS MOITAS PALABRAS. CANTAS MÁIS PALABRAS SAIBAMOS, DESCUBRIREMOS MELLOR O MUNDO NO QUE VIVIMOS. VISITTADE AO QUE XOGAMOS E NO APARTADO XOGOS COAS LETRAS TENDES UN NOVO XOGO DE VOCABULARIO. PAULO PROPONVOS UN XOGO: MIRADE AS FOTOS QUE VOS APARECEN E TRATADE DE DICIR O NOME DA COUSA QUE APARECE. LOGO PREMEDE DÚAS VECES SEGUIDAS NA IMAXE E ESCOITADE O QUE É. ÁNIMO!

21/11/12

UN NOVO LIBRO ESPECIAL ESTÁ CHEGANDO


SI, AMIGOS. ESTASE ACHEGANDO UN NOVO LIBRO ESPECIAL. E PARA QUE LLE VAIADES DANDO VOLTAS Á CACHOLA SOBRE CAL PODE SER, AÍ VOS VAN DÚAS PISTAS:
  1. A IMAXE DE ENRIBA FORMA PARTE DO CONTO.
  2. OS PERSONAXES PROTAGONISTAS SON UN RATO E UNHA RATA.
AH, QUE PENSADES QUE XA O SABEDES? QUE DICIDES QUE É RATATOUILLE? QUE CREDES QUE É RATO DE CAMPO E RATO DE CIDADE? FRÍO, FRÍO NON. FRIÍSIMO! CONXELADO!

UN XOGO PARA FIXARSE BEN


PAULO PROPONVOS UN NOVO XOGO. BOTÁDELLE UNHA OLLADA A ESTÁS IMAXES E IDENTIFICADE CALES PERTENCEN AO LIBRO CORRE CORRE, CABACIÑA E CALES NON. AS QUE NON SE CORRESPONDEN CO LIBRO DE CORRE CORRE, CABACIÑA, ¿SABEDES DE QUE LIBRO SON?

16/11/12

VISIONS OF PAULO


PAULO NECESITABA INCLUÍR MÁIS IMAXES SÚAS NO SEU PERFIL, EN O QUE É PAULO E NÓS AXUDÁMOSLLE NESA TAREFA. PRIMEIRO, PENSAMOS QUE PARTES DO CORPO QUERIAMOS AMOSAR DO NOSO AMIGO; LOGO, FOMOS FACENDO AS FOTOS POR PARELLAS (UN AGUANTABA O MONICREQUE E OUTRO SOSTIÑA A CÁMARA); E, AO FINAL, FACIAMOS A ESCOLLA DAS IMAXES QUE SAÍRAN BEN. BOTÁDELLE UNHA OLLADA AO RESULTADO.
YOU CAN SEE ALL THE PICTURES WE MAKE TO PAULO HERE. THESE ARE OUR VISIONS OF PAULO.

15/11/12

XOGOS COAS LETRAS E MOITO MÁIS


HOXE PAULO PRESÉNTAVOS UNHA PÁXINA ONDE ATOPAREDES MOITOS XOGOS COAS LETRAS. PERO NON SÓ ISO. TAMÉN VEREDES XOGOS COS NÚMEROS, COAS CORES... PREMEDE NA IMAXE OU IDE A AO QUE XOGAMOS E, XA SABEDES, A GOZAR!

12/11/12

SRA. LINGUA, A PINTORA


A NOSA AMIGA TEN O TEITO DA SÚA CASA SEN PINTAR E NECESITA DA NOSA AXUDA. 
PRIMEIRO PRECISA UNHA BROCHA E ¿ONDE TEN ELA UNHA BROCHA? POIS NA SÚA PUNTIÑA (SINALAMOS CO DEDO A PUNTA DA LINGUA).
LOGO, TEN QUE MOLLALA NA PINTURA. IMOS UTILIZAR A COR CARNE (A DA SALIVA). ASÍ QUE PRODUCIMOS SALIVA E MOLLAMOS BEN A BROCHA.
DESPOIS, COMEZAMOS A PINTAR O TEITO. ASÍ, MOI BEN! ADIANTE E ATRÁS. ATRÁS E ADIANTE.
AO FINAL, QUEREMOS QUE SEQUE DECONTADO PARA NON TERMOS QUE RESPIRAR O CHEIRO DA PINTURA HUMIDA. ENTÓN, ABRIMOS BEN A BOCA E INSPIRAMOS E EXPIRAMOS UN CHISCO. E, AO CABO DUN POUCO, XA ESTÁ: O TEITO DA CASA DA SRA. LINGUA ESTÁ LISTO. 

08/11/12

O PERFIL DE PAULO


O NOSO AMIGO ACABA DE ENGADIR UNHA NOVA PÁXINA O SEU BLOG: O QUE É PAULO. NELA, PRESÉNTASE A TODOS NÓS EN TRES IDIOMAS E AMÓSANOS UNHAS FOTOS DEL. PERO NON ESTÁ MOI SATISFEITO CO NÚMERO DE IMAXES QUE COLGOU E QUERE MÁIS. AXUDÁDESLLE A SUBIR MÁIS FOTOS? CANDO VEÑADES AO EDI, FARÉMOSLLE UNHA CANTAS.

06/11/12

Á SRA. LINGUA CAEULLE UN DENTE


A SRA. LINGUA, CANDO CHEGA O OUTONO, TEN FAMIÑA DE CASTAÑAS. POR ISO, HOXE, DIRÍXESE AO MAGOSTO QUE HAI NA ESCOLA. ELA PÁSAO MOI BEN NESTA FESTA PERO TEN UN PROBLEMA: CAEULLE O SEU PRIMEIRO DENTE (ENSINAMOS OS DENTES DE XEITO ESAXERADO) E NON QUERE QUE LLE VEXAN O FURADO QUE DEIXOU.
MENTES ESTÁ NO MAGOSTO, A XENTE VAI COMENDO CASTAÑAS (FACEMOS COMA SE MASTIGÁSEMOS) E TODO O MUNDO FAILLE BROMAS Á SRA. LINGUA. PERO ELA RISE SEN ABRIR A BOCA. NON QUERE AMOSAR OS DENTES. DÁLLE VERGONZA.
AO CABO DUN ANACO, ATOPA A UNHA AMIGA SÚA E, CAL É A SÚA SORPRESA, VE QUE A ELA TAMÉN LLE FALTA UN DENTE. PERO NON SE AVERGONZA SENÓN TODO O CONTRARIO: ESTÁ A MOSTRAR O SEU FABULOSO SORRISO MENTRES LLES CONTA O QUE LLE DEIXOU O RATO PÉREZ DEBAIXO DA ALMOFADA.

02/11/12

XOGOS MATEMÁTICOS COA ROBOT MATEA


PAULO PRESÉNTAVOS A MATEA. MATEA É UNHA ROBOT Á QUE LLE GUSTAN MOITO AS MATEMÁTICAS. POR ISO, PROPONNOS UNHA CHEA DE XOGOS. ATOPARÉDELA COMA SEMPRE NOS XOGOS MATEMÁTICOS DE AO QUE XOGAMOS. GOZÁDEOS!

01/11/12

AS CORES DO SAMAÍN


PAULO DEIXOUVOS UN NOVO XOGO EN AO QUE XOGAMOS. O QUE TENDES QUE FACER É COLOREAR A CABAZA. GOZÁDEO!

26/10/12

PROBANDO, PROBANDO...


POIS XA TEMOS ALGUNHAS GRAVACIÓNS FEITAS NOS ESTUDOS DE PAULO. ESTIVEMOS RECITANDO ALGUNHAS PARTES DO LIBRO CORRE CORRE, CABACIÑA. FOI UN TRABALLO EN EQUIPO. MENTRES UN NENO PREMÍA O BOTÓN DE GRAVAR, OUTRO SOSTIÑA O MICRO/CÁMARA E O OUTRO OU OUTRA FALABA. DESPOIS TOCARALLE A PAULO XUNTA TODAS ESAS VOCES E CREAR UN AUDIOCONTO. 
DE MOMENTO, OS AUDIOS ESTÁN SEN MODIFICAR. PAULO QUERE QUE VEXADES COMO SOABA AO COMEZO E COMO O VAI FACER AO REMATE. PREMEDE AQUÍ PARA OÍR.

22/10/12

GRAVANDO AS NOSAS VOCES

ESTA SEMANA IMOS CONVERTER O EDI (ENCERADO DIXITAL INTERACTIVO) NUN PEQUENO ESTUDO DE GRAVACIÓN. QUEREMOS FACER UN AUDIO DO CONTO DE CORRE CORRE, CABACIÑA E NECESITAMOS UN PROGRAMA QUE NOS AXUDE A FACELO. POR ISO, IMOS Á PÁXINA O QUE BAIXAMOS E BAIXAMOS O AUDACITY. ESTA É UNHA APLICACIÓN QUE PERMITE EDITAR AUDIO DE XEITO SINXELO.
SE, AO FINAL, O QUEREDES CONVERTER EN .MP3, TENDES QUE BAIXAR O COMPLEMENTO LAME_v3.99.3_FOR_WINDOWS.EXE  E INSTALALO.

AUTORIZACIÓN DO USO DA IMAXE


PAULO QUERE DARLLES AS GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS QUE ENVIARON ASINADA A AUTORIZACIÓN. PARA AQUELES QUE NON A ENVIÁCHEDES PORQUE A PERDÉCHEDES PODEDES PEDIRLLE UNHA NOVA A RAMÓN OU SIMPLEMENTE DESCARGAR AQUÍ OU PREMENDO NA IMAXE PARA IMPRIMILA.

18/10/12

MÁIS XOGOS COAS LETRAS


PAULO ACABA DE INCLUÍR MÁIS XOGOS NO PÁXINA AO QUE XOGAMOS. SON XOGOS COAS LETRAS: UN É PARA APRENDER AS VOGAIS E OUTRO É PARA TODAS AS LETRAS. GOZADE CON ELES!

17/10/12

PÁXINAS PARA CONSULTAR PALABRAS


PAULO ACABA DE CREAR UNHA NOVA PÁXINA NO BLOG TANTO PARA NENOS COMO PARA O RESTO DA FAMILIA. EN O QUE CONSULTAMOS ATOPAREDES LUGARES ONDE PODEDES CONSULTAR O SIGNIFICADO DE PALABRAS E TRADUCILAS. PREMEDE NO DEBUXO DE FORGES E BOTÁDELLE UNHA OLLADA. XA VEREDES O ÚTILES QUE SON.

15/10/12

CORRE CORRE, CABACIÑA

HOXE PAULO, PRESÉNTAVOS O LIBRO ESPECIAL DO QUE IMOS GOZAR NOS VINDEIROS DÍAS: CORRE CORRE, CABACIÑA DE EVA MEJUTO E ANDRÉ LETRIA. SE PREMEDES NA FOTO IDES VER MOITAS IMAXES DO LIBRO. A VER SE SODES QUEN DE CONTESTAR ÁS DIFICILÍSIMAS PREGUNTAS QUE VOS FAI O COLEGA PAULO. ÁNIMO!

11/10/12

O LIBRO ESPECIAL QUE VÉN


O VINDEIRO LIBRO ESPECIAL TEN MOITOS INGREDIENTES QUE VOS VAN GUSTAR. NEL, ATOPAREMOS UNHA VELLA, UNHA NOIVA E BESTAS, MOITAS BESTAS. LOBOS, OSOS... 
SE PENSADES QUE É O CONTO DE CARAPUCHIÑA VERMELLA, IDES MAL ENCAMIÑADOS. FRÍO, FRÍO!

08/10/12

CHEGA O OUTONO Á CASA DA SRA. LINGUA

O OUTONO PETOU Á PORTA DA NOSA AMIGA: PUM, PUM, PUM!. E ELA ASOMOUSE A AXEXAR UN POUCO. VIU QUE ÁS VECES SOPRABA UN VENTO FORTE (SOPRAMOS FORTE) E ÁS VECES VENTABA AMODIÑO (SOPRAMOS AMODIÑO). PERO, AÍNDA ASÍ, DECIDIU SAÍR A DAR UN RAITE POR AÍ.

A QUEN PERTENCEN TODAS ESTAS COUSAS?

PREME NA FOTO E DESCUBRE A QUE PERTENCEN AS COUSAS QUE APARECEN NELAS. ÁNIMO!

A CASA DE PÉTALA CON SCRIBBLERTOO

SEGUIMOS A FACER DEBUXOS CON SCRIBBLERTOO. DESTA VOLTA, A CASA DE PÉTALA. GOZADE DAS NOSAS CREACIÓNS.

04/10/12

CANTAS CORES TEN A SRA. LINGUA!


HOXE, NA CLASE DE MAR UN NENO TROUXO UNHA CAMISETA COA SRA. LINGUA DISFRAZADA COA BANDEIRA DUN PAÍS. PREMEDE NA FOTO E BUSCÁDEA. SABEDES DE QUE PAÍS É ESA BANDEIRA?

CREA O TEU PROPIO QUEBRACABEZAS


ESTA SEMANA NO EDI (ENCERADO DIXITAL INTERACTIVO), IMOS TRABALLAR CUNHA FERRAMENTA GRATUÍTA EN LIÑA. CHÁMASE JIGSAW PLANET E PERMITE CUSTOMIZAR QUEBRACABEZAS. QUE COMO SE FAI? SUBE A IMAXE QUE QUEIRAS, ELIXE O NÚMERO E TIPO DE PEZAS QUE DESEXAS E... A FACELO! PREME NA IMAXE E GOZA.

03/10/12

DEBUXOS CON SCRIBBLERTOO

PAULO PROPONVOS UN XOGO. FORMA PARTE DO APARTADO AO QUE XOGAMOS DESTE BLOG: SCRIBBLERTOO. ESTA APLICACIÓN PERMITE FACER DEBUXOS CON TEAS DE ARAÑA, COMA SE FÓRAMOS SPIDERMAN.

02/10/12

Á SRA. LINGUA GÚSTALLE IMITAR A PÉTALA


ONTE, A SRA. LINGUA ESTIVO A LER UN LIBRO ESPECIAL. TRATÁBASE DUN LIBRO NO QUE SE CONTABA A HISTORIA DUNHA POMBA QUE FAI TODO O POSIBLE PARA QUE VOLVA CHOVER NA SÚA TERRA, AZOUTADA POR UNA GRAN SECA.
Á SRA. LINGUA ESTE CONTO TENA MARABILLADA E, POR ISO, AGORA NON PARA DE IMITAR AOS SEUS PROTAGONISTAS: SAE POLA FIESTRA PARA PREGUNTAR AOS SEUS AMIGOS (SACAMOS A LINGUA FÓRA DA BOCA), BOTA LUME POLA BOCA (EXPIRAMOS AIRE COA BOCA BEN ABERTA), UTILIZA UN ESPELLO PARA ASUSTARSE A SI MESMA...
PROBA TI TAMÉN A FACER O MESMO COA TÚA SEÑORA LINGUA!

29/09/12

NOVAS PÁXINAS PARA PASALO BEN

PAULO SUBIU UNS CANTOS XOGOS MÁIS AO SEU BLOG. VISITA A PÁXINA AO QUE XOGAMOS E GOZA DAS NOVAS ACTIVIDADES:

AH! POR CERTO, PREMEDE NA FOTO DE ARRIBA E IREDES A UN LUGAR CON MOITOS XOGOS TAMÉN.

26/09/12

PÉTALA

DENTRO DA SERIE GUSTO POLOS LIBROS, ESTA TEMPADA TÓCANOS GOZAR DO GRAN LIBRO ESPECIAL DE PÉTALAPUBLICADO POR OQO EDITORA E ESCRITO POR PEP BRUNO E LUCIANO LOZANO, CON EL ESTAMOS A TRABALLAR A IMPORTACIA DA AUGA, OS TIPOS DE NIÑOS E CASAS DOS PAXAROS E MOITAS COUSAS MÁIS.
HOXE PAULO PROPONVOS O SEGUINTE DESAFÍO: PREMEDE NA FOTO DE ENRIBA E ADIVIÑADE A QUE PARTE DO CONTO CORRESPONDEN.

21/09/12

BENVIDOS E BENVIDAS

OLA, SON PAULO. UNHA PEQUENA QUENLLA QUE VIVE NA ESCOLA E ESTE É O MEU BLOG. ALGÚNS XA ME COÑECEDES PORQUE ME VÍCHEDES NA ESCOLA PERO OUTROS AÍNDA TENDES QUE FACELO. NESTE SITIO, COA AXUDA DE TODOS OS CATIVOS E CATIVAS IREMOS COLGANDO COUSAS QUE FACEMOS NA ESCOLA. CONVIDÁMOSVOS A INICIARDES CONNNOSCO ESTA GRANDE AVENTURA. SEDE BENVIDOS AO MUNDO DE PAULO!