27/01/14

A SRA. LINGUA CELEBRA A PAZ SOLTANDO GLOBOS


A SRA. LINGUA ESTÁ DE CELEBRACIÓN. ACHÉGASE O DÍA DA PAZ, QUE É UNHA FESTA QUE LLE ENCANTA. ESTE ANO TEN PENSADO FACER UNHA SOLTA DE GLOBOS. QUERE QUE VOEN EN LIBERDADE COA PALABRA "PAZ" ESCRITA NELES. PERO, CLARO, NON TEN GLOBOS. AÍNDA QUE ISO NON É PROBLEMA PARA A NOSA AMIGA E OCÓRRENSELLE DÚAS IDEAS:
  1. FACER GLOBOS COAS NOSAS BOCHECHAS: INCHÁMOLAS MOITO, MOITO. FACEMOS COMO SE A NOSA CABEZA FLOTASE E LOGO COAS MANS ESTOUPÁMOLAS.
  2. INFLAR GLOBOS DE VERDADE. XA SABE QUE ISO É MOI DIFICIL PERO HAI QUE TENTALO.