19/12/14

CELEBRACIÓNS DO NADAL

IMAXE: RAMÓN PARÍS LAGO.

TIVEMOS UNHA SEMANIÑA CARGADA. O MÉRCORES VISITÁRONNOS OS MAGOS DE ORIENTE NO COLEXIO. FOMOS AO SEU ENCONTRO E ENTREGÁMOSLLES UNHA CARTA COAS PETICIÓNS DE TODA A CLASE. ELES, COA SÚA XENEROSIDADE, REGALÁRONNOS UNS CANTOS CARAMELOS.

IMAXES: RAMÓN PARÍS LAGO.
O XOVES VEU PAPÁ NOEL E O VENRES CELEBRAMOS UNHA PEQUENA FESTA NA QUE CANTAMOS PANXOLIÑAS, DÉMOSLLE A PAPÁ NOEL O GLOBO COA NOSA PALABRA FAVORITA DO NADAL E VIMOS UNHA PELI SOBRE O LIBRO CANDO MARTIÑO TIVO GANAS DE MEXAR NA NOITE DE REIS.
IMAXES: Mª JOSÉ MARIÑAS.
IMAXE: MARÍA BARALLOBRE.
ADEMAIS, A PROFE MARÍA PUIDO GRAVAR UN PEQUENO FRAGMENTO DA NOSA ACUTACIÓN CANTANDO BUSCANDO UNHA ESTRELA. PERO O VÍDEO AÍNDA ESTÁ NO LABORATORIO. A PRIMEIRA PAULOMOVIE DO CURSO TERÁ QUE AGARDAR UN CHISCO.

16/12/14

A CARTA AOS REIS

ESTE MÉRCORES HAN VIR OS REIS MAGOS AO COLEXIO E NÓS ESTAMOS A ESCRIBIRLLE A CARTA ENTRE TODOS E TODAS. RAMÓN DÍXONOS QUE FACÍAN FALTA UN PAR DE COUSIÑAS PARA A CLASE: UNHAS LETRAS CON IMÁN PARA O RECANTO DA BICLIOTECA E UNHAS REGRETAS DE CORES PARA O RECANTO DE MATES. ENTÓN, PRIMEIRO BUSCAMOS AS FOTOS EN GOOGLE IMAXES, PASÁMOLAS Á CARTA USANDO O EDI E LOGO ESCRIBIMOS O NOME DO XOGUETE. AO FINAL IMPRIMÍMOLA E ENTEGARÉMOSLLA AOS MAGOS. MIRADE UNHA FOTO DE COMO FOMOS BUSCAR A CARTA IMPRESA Á SALA DE PROFES.
IMAXE: RAMÓN PARÍS LAGO.


11/12/14

PRIMEIRA ELECCIÓN DEMOCRÁTICA

IMAXE: RAMÓN PARÍS LAGO.

O VINDEIRO VENRES, 19 DE DECEMBRO, IMOS CELEBRAR UNHA FESTA. NELA HABEMOS CANTAR E BAILAR AO SON DAS PANXOLIÑAS E VER UNHA PELI DO LIBRO ESPECIAL DESTE MES: CANDO MARTIÑO TIVO GANAS DE MEXAR NA NOITE DE REIS. PERO, ADEMAIS, CADA CLASE DE INFANTIL VAI TER QUE LEVAR UN GLOBO COA PALABRA MÁIS FERMOSA DO NADAL ESCRITA NEL. NÓS NA NOSA CLASE ESTIVEMOS A FALAR DISO E SAIRON VARIAS PALABRAS. PERO, CLARO, TIÑAMOS QUE ELIXIR UNHA. E QUE FIXEMOS? UNHA VOTACIÓN. CADA UN DE NÓS PENSOU NA QUE MÁIS LLE GUSTABA E RAMÓN FOI PREGUNTANDO E ANOTANDO. AO FINAL, CONTAMOS OS VOTOS E A QUE SAIU GAÑADORA XA A VEDES NO PDF DE ENRIBA OU NA PAREDE DO RECANTO DE MATES.

05/12/14

COMPARANZA ENTRE ÁRBORES

IMAXE: GOULBOURN MUSINGS.
IMAXE: RAMÓN PARÍS LAGO.

XA VOS CONTAMOS NUN ARTIGO ANTERIOR QUE A ÁRBORE QUE DECORA A NOSA PORTA BASÉASE NUN DESEÑO QUE ATOPAMOS NA REDE. VEDE NA IMAXE UNHA COMPARATIVA ENTRE A NOSA E A ORIXINAL.

04/12/14

PORTADA IMPRESIONISTA

XA VAI CHEGANDO O FINAL DO TRIMESTRE E, CLARO, TEMOS QUE LEVAR OS NOSOS TRABALLOS Á CASA. PARA QUE VAIAN BEN ENCADERNADOS, NECESITAMOS UNHA PORTADA E NISO ESTAMOS. NO RECANTO DE PLÁSTICA VOLVEMOS FALAR DE VAN GOGH E DAS SÚAS FOLLAS DE HERBA. ENTÓN, DE MOMENTO, SO LLE DEMOS A PRIMEIRA CAPA DE PINTURA VERDE Á PORTADA. PARA A SEMANA, MÁIS. FIXÁDEVOS NA FOTO: SEMPRE PRESENTE O CADRO DO XENIO PARA INSPIRARNOS.

ANIVERSARIO DE MANUEL

IMAXE: RAMÓN PARÍS LAGO.

COMO XA DIXEMOS NOUTRO ARTIGO, MANUEL CUMPRÍA 3 ANOS A SEMANA PASADA PERO, POR RAZÓNS DE SAÚDE, NON PUIDO ASISTIR. ENTÓN, TRÓUXONOS ALGO PARA PITEIRAR. PERO, ISO SI, ANTES TIVEMOS QUE CANTARLLE O CUMPREANOS FELIZ EN VARIAS LINGUAS. NORABOA!

03/12/14

A NOSA ÁRBORE

IMAXE: RAMÓN PARÍS LAGO.

BASEÁNDONOS NUN DESEÑO DE GOLBOURN MUSINGS, ESTIVEMOS A PINTAR AS PARTES DA NOSA ÁRBORE DE NADAL NO RECANTO DA PLÁSTICA. CADA UNHA DAS FOLLAS É O NOSO NOME CUNHA FONTE DE LETRA TÍPICA DO NADAL. PARA DARLLE COR ELABORAMOS ACUARELA E PINTAMOS CON ELA. AQUÍ TENDES UNHAS FOTOS DO PROCESO. FALTA A MÁIS BONITA: A DA NOSA ÁRBORE NA PORTA DA CLASE. COMING SOON.

IMAXES: RAMÓN PARÍS LAGO.

27/11/14

A SEÑORA LINGUA INCHA A TURRÓN


XA BOTABADES DE MENOS Á SEÑORA LINGUA, EH? POIS ESTÁ MOI OCUPADA PREPARANDO A SÚA ÁRBORE DE NADAL. ENTRE BÓLA POR AQUÍ, CAMPÁ POR ALÁ, COLLEU UN BO ANACO DE TURRÓN, METEUNO NA BOCA (ABRÍMOLA MOITO), MASTIGOUNO (MASTIGAMOS ESAXERADAMENTE) E AGORA TENA CHEÍÑA (INFLAMOS OS POTES E MASTIGAMOS COA BOCA PECHADA). HUM, QUE RICO ESTÁ, CARAMBA!
A SEÑORA LINGUA TAMÉN VOS DESEXA UNHAS FELICES FESTAS.

26/11/14

NOVOS ANIVERSARIOS

IMAXE: RAMÓN PARÍS LAGO.

XA TEMOS 3 NENOS MÁIS NO CLUB DOS 3 ANOS: MANUEL, BAYE E MATEO PAZ. MANUEL NON PUIDO ASISTIR PERO OS DEMAIS, PARA FESTEXALO, TROUXERON ALGO PARA PITEIRAR E NÓS, A CAMBIO, INTERPRETÁMOSLLE TRES CANCIÓNS DE CUMPREANOS: UNHA EN ESPAÑOL, OUTRA EN INGLÉS E OUTRA E GALEGO.

ESTE É O TEU DÍA, 
DÍA DO TEU CUMPREANOS.
HOXE É O TEU DÍA, 
DÍA NO QUE TI FAS ANOS.
X. RODÍGUEZ (LETRA) E E. NOVOA (MÚS.)

24/11/14

DECORACIÓN DE NADAL

HOXE, ESTIVEMOS A PENSAR IDEAS PARA DECORAR A CLASE PARA O NADAL E UNHA DAS COUSAS QUE SE NOS OCORRERON FOI BUSCAR NO ORDENADOR. PUXÉMONOS AO CHOIO PERO, CLARO, HABÍA QUE ESCRIBIR ALGO E RAMÓN AXUDOUNOS UN POUCO. ENTÓN, ESCRIBIMOS EN GOOGLE IMAXES AS PALABRAS CHRISTMAS ART E VIMOS UNHA ÁRBORE QUE NOS GUSTOU MOITO. É A QUE VEDES ENRIBA. PARECEUNOS UNHA BOA IDEA FACER ALGO DE DESEÑO GRÁFICO PARA O NADAL. COLLERIAMOS DIFERENTES TIPOS DE LETRA E ESCRIBIRIAMOS, PARA COMEZAR, OS NOSOS NOMES. DESPOIS, XA PENSAREMOS NOUTRAS FRASES RELACIONADAS COAS FESTAS.

UN PAR DE PANXOLIÑAS


ACHÉGASE O NADAL E NÓS IMOS CELEBRÁNDOO CUNHAS CANCIONCIÑAS. UNHA, PERTENCE A UN DISCO TITULADO QUIQUIRIQUÍ: BUSCANDO UNHA ESTRELA DE TINO BAZ. E A OUTRA ATOPÁMOLA NUN VÍDEO ONDE PODEMOS VER UNHA FABULOSA INTERPRETACIÓN POR PARTE DA EEI NOSA SEÑORA DO CARME DE MARÍN. PARA SEGUIR MELLOR A CANCIÓN DA ESTRELA TEMOS A LETRA EN PICTOGRAMAS

21/11/14

O TÍTULO DO LIBRO ESPECIAL

IMAXE: ALFAGUARA INFANTIL.

ESTES DÍAS, NO RECANTO DA BIBLIOTECA ESTIVEMOS A FACER ALGO NOVO. CADA SEMANA, RAMÓN TRAE Á CLASE UN LIBRO ESPECIAL. TRÁTASE DUNHA OBRA Á QUE LLE PRESTAMOS UNHA ATENCIÓN SINGULAR: APRENDEMOS O TÍTULO, LÉMOLO, FALAMOS SOBRE O QUE NOS CONTA, ESCRIBIMOS A PALABRA MÁIS INTERESANTE (UN DÍA, POR EXEMPLO, ESCRIMOS LLUVIA) E CONTAMOS AS LETRAS QUE TEN (5)... PERO, ADEMAIS DISO, ESTA SEMANA TAMÉN ESTIVEMOS COMPOÑENDO AS PALABRAS DO SEU TÍTULO NO RECANTO DA BIBLIO: DÍA DE LLUVIA. CONTAMOS AS PALABRAS QUE TIÑA, RECORTÁMOLAS, E LOGO PEGÁMOLAS NUNHA FOLLA PARA QUE QUEDASE CONSTANCIA.

14/11/14

O MAGOSTO

IMAXE: RAMÓN PARÍS LAGO.

HOXE, POR FIN, CHEGOU O MAGOSTO. ESTIVERÁMOLO PREPARANDO TODOS ESTES DÍAS CON CANCIÓNS, PINTANDO E FALANDO DEL. ONTE E HOXE OS NENOS E NENAS FORON TRAENDO OS SEUS CESTOS DECORADOS E AS CASTAÑAS, COMO VEDES NA FOTO DE ENRIBA E NA DE EMBAIXO.
IMAXE: RAMÓN PARÍS LAGO.
PERO TIVEMOS UN ERRO NA CIRCULAR E NON AVISAMOS DE QUE HABÍA QUE TRAER AS CASTAÑAS PICADAS. PUXÉMONOS, ENTÓN, A REVISALAS E CLASIFICALAS.


IMAXES: RAMÓN PARÍS LAGO.
O DÍA DO MAGOSTO XA TIÑAMOS TODO PREPARADO: OS CESTOS, AS CASTAÑAS PICADAS E OS BROCHES QUE FIXEMOS NO RECANTO DE PLÁSTICA, AOS QUE LLE PINCHAMOS UN IMPERDIBLE PARA PENDURALO AO PEITO.
IMAXES: RAMÓN PARÍS LAGO.
E FÓMONOS PARA O MAGOSTO. XOGAMOS A POÑERLLE OLLOS A UNHA CASTAÑA DE FELTRO.
IMAXES: RAMÓN PARÍS LAGO.
A LEVAR UNHA CASTAÑA ENRIBA DUNHA CULLER.
IMAXE: MARÍA BARALLOBRE.
E A GUINDAR UNHA CASTAÑA TRATANDO DE ATINAR METÉNDOA DENTRO DUNHA CAIXA.
IMAXE: MARÍA BARALLOBRE.
E, POR ÚLTIMO, INCHAMOS A CASTAÑAS.

11/11/14

PREPARANDO O MAGOSTO

IMAXE: RAMÓN PARÍS LAGO.

XA SABEDES QUE O VENRES, 14, CELEBRAREMOS O MAGOSTO. VÓS NA CASA TENDES QUE FACER UN CESTIÑO PARA METER AS CASTAÑAS E NÓS NO COLEXIO ESTAMOS A PREPARAR UN PEQUENO BROCHE PARA COLOCAR NO PEITO. É UNHA CASTAÑA E ESTES DÍAS DEDICÁMONOS A PINTALA E ESCRIBIRLLE O NOSO NOME POR DETRÁS.

07/11/14

A SEÑORA LINGUA VÉN DO MAGOSTO

AUTOR: RAMÓN PARÍS LAGO BASEÁNDOSE NA ROLLING STONES TONGUE LOGO.


A SEÑORA LINGUA ACABA DE CHEGAR DO MAGOSTO. INCHOU A CASTAÑAS ASADAS. QUE RICAS ESTABAN! PERO AGORA TEN A BOCA MANCHADA E NÓS IMOS AXUDARLLE A LIMPALA (PASAMOS A LINGUA POLOS BEIZOS).

06/11/14

RAP DO MAGOSTO


O VINDEIRO VENRES, 14 DE NOVEMBRO, CELEBRAREMOS A FESTA DAS CASTAÑAS: O MAGOSTO. E PARA IR PREPARÁNDOO, ESTAMOS A ENSAIAR UNHAS CANCIONCIÑAS. UNHA É O RAP DO MAGOSTO DE PACO NOGUEIRAS E OUTRA É UNHA CANCIÓN TITULADA TRES CASTAÑAS POLO CHAN. VEÑA, A CANTAR!
NOTA: DESCULPADE. AS LIGAZÓNS DESTE ARTIGO ANTES ERAN ERRÓNEAS. XA ESTÁ ARRANXADO.

05/11/14

TEMPO DE OUTONO?

IMAXE: PIXABAY.

ESTES DÍAS ESTAMOS A ESTREAR O RECANTO DE MATES COMO LUGAR DE TRABALLO. O TEMPO NESTE OUTONO ESTÁ CAMBIANDO E QUEREMOS SABER MÁIS SOBRE EL. POR EXEMPLO, ESTAMOS A CUBRIR UN REXISTRO METEOROLÓXICO. QUE QUE É ISO? POIS UN DOCUMENTO ONDE ANOTAMOS CANTOS DÍAS DE CHUVIA HOUBO, CANTOS DE SOL, CANTOS NUBRADOS... NUN DETERMINADO PERÍODO DE TEMPO (NESTE CASO, NUNHA SEMANA: A PASADA). 
EN PRIMEIRO LUGAR, SACÁMOSLLE UNHA FOTO AO CARTEL ONDE TODOS OS DÍAS POÑEMOS O TEMPO QUE VAI XUSTO ANTES DE COMEZAR A PEGAR AS FICHAS DO TEMPO DESTA SEMANA.
IMAXE: RAMÓN PARÍS LAGO.
EN SEGUNDO, RAMÓN IMPRIMIU ESA FOTO PARA QUE A VÍSEMOS MELLOR E DESPOIS ALGÚNS NENOS E NENAS FOMOS O RECANTO DE MATES A CONTAR.
IMAXE: RAMÓN PARÍS LAGO.
XA IREMOS PUBLICANDO ALGÚN DOS NOSOS REXISTROS ONDE IAMOS ESCRIBINDO OU PEGANDO O NÚMERO QUE CORRESPONDÍA.

04/11/14

ANIVERSARIO DE ALMA

IMAXE: RAMÓN PARÍS LAGO.

XA TEMOS UNHA NENA MÁIS NO CLUB DOS 3 ANOS. ATA AGORA, ALMA NON OS CUMPRIRA PERO CHEGOU O DÍA. PARA FESTEXALO, A NOSA COMPAÑEIRA TROUXO ALGO PARA COMER E NÓS, A CAMBIO, INTERPRETÁMOSLLE TRES CANCIÓNS DE CUMPREANOS: UNHA EN ESPAÑOL, OUTRA EN INGLÉS E OUTRA E GALEGO.

ESTE É O TEU DÍA, 
DÍA DO TEU CUMPREANOS.
HOXE É O TEU DÍA, 
DÍA NO QUE TI FAS ANOS.
X. RODÍGUEZ (LETRA) E E. NOVOA (MÚS.)

O CONTROL DE QUEN TEN 2, 3 OU 4 ANOS FACÉMOLO NA CLASE NUN CARTEL. MAÑÁ COLGAREMOS UNHA FOTO DESTE CARTEL.

30/10/14

UN SAMAÍN CARGADIÑO

IMAXE: OQO EDITORA.

ESTA SEMANA ESTIVEMOS DE CELEBRACIÓN: O SAMAÍN. A FESTA REMATOU CUNHA OBRA DE TEATRO E CUNHAS CANCIONCIÑAS PERO XA LEVABAMOS UNS DÍAS PREPARANDO TODO PARA QUE SAÍSE XENIAL.
ESTIVEMOS PREPARANDO A DECORACIÓN DO TEATRO. A UNHAS CLASES TOCOULLES FACER PANTASMAS, ESQUELETOS OU CAVEIRAS E A NÓS, CABAZAS. 
  • PICÁMOSLLES OS OLLOS CON MOITO COIDADO PARA POÑERLLES CELOFÁN NOS OLLOS E ASÍ, COA LUZ DA SALA DE USOS MÚTLIPLES, PARECESEN MÁIS TERRORÍFICAS

IMAXES: RAMÓN PARÍS LAGO.
  • E COLOREÁMOLAS CON PINTURA DE DEDOS LARANXA PORQUE, CLARO, NORMALMENTE AS CABAZAS SON LARANXAS.
IMAXE: RAMÓN PARÍS LAGO.
LOGO, RAMÓN RECORTOUNAS E DESPOIS A MESTRA LAURA FOINAS COLOCAR Á AULA DO TEATRO.
ONTE, ADEMAIS, FOMOS ESCOITAR UN CONTO DE MEDO Á BIBLIOTECA DO COLEXIO. LÉRONNOS UN TITULADO DE VERDAD QUE NO PODÍA.
IMAXE: RAMÓN PARÍS LAGO.
E HOXE, DESPOIS DO RECREO E ANTES DE MERENDAR, FOMOS AO TEATRO. A OBRA TITULÁBASE CORRE CORRE, CABACIÑA E ESTABA INTERPRETADA POLOS MESTRES DE INFANTIL (PERDÓN POLA FOTO; ESTÁ BORROSA). 
IMAXE: RAMÓN PARÍS LAGO.
NA PORTA PEDÍRONNOS UNHA ENTRADA QUE LOGO NOS DEVOLVERON E PUIDEMOS LEVAR Á CASA PARA CONTARLLO ÁS NOSAS FAMILIAS.
DESPOIS DA OBRA ESTIVEMOS A VER ESTA CURTA TAN BONITA QUE ATA GAÑOU UN PREMIO.

AO FINAL INTERPRETAMOS AS CANCIÓNS QUE ESTIVERAMOS PRACTICANDO ESTES DÍAS.
AH! POR ÚLTIMO: UNHA NAI PREGUNTOU DE ONDE SAÍRA A CANCIÓN DE CORRE CORRE, CABACIÑA. POIS DUN DISCO TITULADO CONTOS CON CANTOS.


26/10/14

CABAZAS DO SAMAÍN

XA ESTÁN DECORANDO O CORREDOR AS FERMOSAS CABAZAS QUE FIXESTES NA CASA. ALGÚNS NENOS E NENAS XA AS FORON TRAENDO E CONTÁRONNOS COMO AS FIXERON, CON QUEN E CON QUE MATERIAIS. MIRADE QUE MARABILLAS! NÓS, POLA NOSA BANDA, SEGUIMOS FACENDO OUTRA CABAZA NO RECANTO DE PLÁSTICA. ESTA ÚLTIMA USARÉMOLA PARA DECORAR O SALÓN ONDE IMOS IR VER A REPRESENTACIÓN DA OBRA CORRE, CORRE CABACIÑA O VINDEIRO 30 DE OUTUBRO.