ESTES DÍAS ESTAMOS A ESTREAR O
RECANTO DE MATES COMO LUGAR DE TRABALLO. O TEMPO NESTE OUTONO ESTÁ CAMBIANDO E QUEREMOS SABER MÁIS SOBRE EL. POR EXEMPLO, ESTAMOS A CUBRIR UN
REXISTRO METEOROLÓXICO. QUE QUE É ISO? POIS UN DOCUMENTO ONDE ANOTAMOS CANTOS DÍAS DE CHUVIA HOUBO, CANTOS DE SOL, CANTOS NUBRADOS... NUN DETERMINADO PERÍODO DE TEMPO (NESTE CASO, NUNHA SEMANA: A PASADA).
EN PRIMEIRO LUGAR, SACÁMOSLLE UNHA FOTO AO CARTEL ONDE TODOS OS DÍAS POÑEMOS O TEMPO QUE VAI XUSTO ANTES DE COMEZAR A PEGAR AS FICHAS DO TEMPO DESTA SEMANA.
EN SEGUNDO, RAMÓN IMPRIMIU ESA FOTO PARA QUE A VÍSEMOS MELLOR E DESPOIS ALGÚNS NENOS E NENAS FOMOS O RECANTO DE MATES A CONTAR.
XA IREMOS PUBLICANDO ALGÚN DOS NOSOS REXISTROS ONDE IAMOS ESCRIBINDO OU PEGANDO O NÚMERO QUE CORRESPONDÍA.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
PON AQUÍ O TEU COMENTARIO.