26/03/15

UN SOPORTE PARA OS CHÍCHAROS

IMAXE: RAMÓN PARÍS LAGO.

COMO SABEDES AS PLANTAS QUE SEMENTAMOS NA HORTA VAN POR MOI BO CAMIÑO. TANTO ESTÁN MEDRANDO QUE ALGUNHAS, PARA QUE CHEGUEN MOI ALTO NECESITAN UNHA AXUDA. EN EFECTO, O CHÍCHAROS PRECISAN DUN SOPORTE PARA IR GABEANDO POR EL E SEREN PLANTAS MOI GRANDES.
TIÑAMOS UNHAS VARAS DE PLÁSTICO PEQUENAS (DO TAMAÑO DUN FOLIO) PERO NON ABONDABAN. ASÍ QUE RAMÓN TROUXO UNHAS VARAS DE BAMBÚ E ESTIVEMOS COMPROBANDO SE ERAN O SUFICIENTEMENTE ALTAS. COMPARAMOS A NOSA ALTURA COA DOS PAUS E VIMOS QUE ALGÚNS NENOS E NENAS ERAN MÁIS BAIXOS QUE ELES E OUTROS MÁIS ALTOS.
LOGO, COMA SEMPRE, UNHA RECUA DE LABREGOS FOMOS CHANTAR OS PAUS AO LADO DA PLANTA DOS CHÍCHAROS. UNHA VEZ FEITO ISTO, CONTÁMOLOS (CRAVAMOS 9) E DÉMONOS DE CONTA DE QUE HAI MÁIS PLANTAS CA PAUS. UN PROBLEMA, VAIA. A VER COMO O SOLUCIONAMOS.
POR CERTO, NA NOSA VISITA DESCUBRIMOS ALGO. A QUE NON SABEDES O QUE É? NA CLASE ESTIVEMOS A FALAR DISO E XA TODOS E TODAS COÑECEMOS QUE É ESA BÓLIÑA VERDE.
IMAXE: RAMÓN PARÍS LAGO.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

PON AQUÍ O TEU COMENTARIO.