06/10/15

COUSAS QUE NOS GUSTAN

IMAXE: CANAL LECTOR.

A ORGANIZACIÓN DA CLASE AÍNDA É MOI FLEXIBLE. CALQUERA PODE IR AO RECANTO QUE QUEIRA E CANDO QUEIRA. NON OBSTANTE, ESTAMOS COMEZANDO A UTILIZAR OS RECANTOS DUNHA FORMA SIMILAR A COMO O FAREMOS AO LONGO DO CURSO. 
EN EFECTO, CADA DÍA UN GRUPO DE CINCO NENOS E NENAS ESTÁN A ACUDIR AO RECANTO DA BIBLIOTECA PARA REALIZAREN UNHA TAREFA ESPECÍFICA. NA EDUCACIÓN INFANTIL, UNHA TAREFA NON SIGNIFICA NECESARIAMENTE UNHA FICHA, COMO MOITA XENTE CRE. ÁS VECES, UN PEQUENO DIÁLOGO SOBRE UN TEMA CONCRETO PODE SER DUNHA GRAN UTILIDADE.
E NISO ESTAMOS AGORA. CONTAMOS CUN LIBRO ESPECIAL (LEMBRADE QUE NESTE COMEZO DE CURSO TODAS AS CLASES DE INFANTIL DO COLEXIO ESTÁN A COÑECER MÁIS SOBRE O AUTOR ANTHONY BROWNE): COSAS QUE ME GUSTAN. ESTE LIBRO PERMÍTENOS CONTAR AS COUSAS QUE MÁIS NOS GUSTA FACER.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

PON AQUÍ O TEU COMENTARIO.