ESTIVEMOS ESTA SEMANA FALANDO MOITO DO SAMAÍN. LEMOS ALGÚN LIBROS SOBRE O TEMA.
IMAXE: ED. OCÉANO. |
IMAXE: KALANDRAKA. |
A TRAVÉS DO PRIMEIRO LIBRO ESTIVEMOS A COMPOÑER A CARA DO HORRIBLE MONSTRO VERDE NO RECANTO DE PLÁSTICA. CON TODAS AS CARAS DECORAMOS TERRORIFICAMENTE A ENTRADA DO COLEXIO.
ESTE XOVES DEDICÁMOLO A CELEBRAR O MAGOSTO. PRIMEIRO, FOMOS BOTARLLES UN OLLO ÁS CABAZAS EXPOSTAS NOS CORREDORES. A MÚSICA SOABA A MISTERIO E A LUZ BRILLABA TENUE.
IMAXE: RAMÓN PARÍS LAGO. |
DESPOIS ACUDIMOS AO PATIO CUBERTO (FÓRA CHOVIA A CHUZOS) E VISITAMOS COS NOSOS CESTOS COLGADOS NO COLO AO CASTAÑEIRO.
IMAXE: RAMÓN PARÍS LAGO. |
FINALMENTE, SENTAMOS NOS BANCOS DO XIMNASIO E (ALGÚNS SOBRE TODO) INCHARON A CASTAÑAS.
IMAXE: RAMÓN PARÍS LAGO. |
Ningún comentario:
Publicar un comentario
PON AQUÍ O TEU COMENTARIO.