12/12/16

OFRECÉMOSLLE ALTERNATIVAS A RENATO

IMAXE: KALANDRAKA.

OS QUE XA LÉCHEDES O LIBRO DE MANOLO HIDALGO SABEDES QUE RENATO CAUSA UN PROBLEMA GRAVÍSIMO. CO SERRÓN QUE MERCA PARA CORTAR OS SEUS CORNOS, AO FINAL, TALA TODAS AS ÁRBORES DO BOSQUE. SEN QUERER, CLARO. PERO, POLA SÚA CULPA, OS SEUS AMIGOS QUEDAN SEN CASA. VAIA LEA! RENATO IDEA UNHA SOLUCIÓN. BOA, CLARO QUE SI, PERO NÓS ESTIVEMOS A FALAR E PENSAMOS NOUTRAS POSIBLES.
POR EXEMPLO, ESTA É UNHA:
JOE: LE PONÍA FIXO.
MESTRE (M): PORÍASLLE FIXO A QUE?
JOE: A LOS ÁRBOLES.
M: A TODAS?
JOE: SI. BUENO, A LOS TRONCOS. PEGAMENTO.
M: PORÍASLLE FIXO OU PEGAMENTO?
JOE: UN POCO DE FIXO Y UN POCO DE PEGAMENTO.
E AQUÍ VAN OUTRAS:
GAS: PONER RAMAS EN LOS TRONCOS PEQUEÑOS. [...]
SAB: LOS LLEVARÍA [OS ANIMAIS DO BOSQUE] EN MI COCHE Y LES BUSCARÍA UN SITIO EN MI CASA.
M: E EN QUE SITIO DA TÚA CASA?
SAB: EN EL SALÓN.
M: NO SALÓN. E CANDO TI ESTIVERAS VENDO A TELE OU XOGANDO NO SALÓN ESTARÍAN POR ALÍ OS PAXARIÑOS?
SAB: SI.
E MÁIS AÍNDA:
BRA: YO, SI FUESE RENATO, LES LLEVABA AL ZOO Y LES DEJABA UNA JAULA DE PAPEL. [...]
HUG: PLANTAR ÁRBOLES.
BRA: PUES ESO CUESTA MUCHO. [...]
FRA: ¡PUES NO CORTAR ÁRBOLES!
M: XA, ESPERA. PERO, O PROBLEMA É QUE XA O TEMOS CORTADOS SEN QUERER. ESA É UNHA BOA SOLUCIÓN PARA QUE NON PASE. NON CORTAR AS ÁRBORES. PERO, UN DÍA SE AS CORTAS SEN QUERER, QUE?
LUC: IR A UNA CABAÑA Y PENSAR.
IMAXE: RAMÓN PARÍS LAGO.

02/12/16

A CAVILAR CON RENATO

IMAXE: KALANDRAKA.

XA REMATAMOS CON SABELA. AGORA TOCA UN NOVO LIBRO QUE NOS FAGA PENSAR E, COMO NOS ACHEGAMOS A DATAS MOI SINALADAS, BUSCAMOS ALGO QUE GARDASE RELACIÓN CON ISO. O OUTRO DÍA ACUDIU AO NOSO COLEXIO UN GRAN CONTACONTOS (PACO NOGUEIRAS) E, PRECISAMENTE, NARROU RENATO DE MANOLO HIDALGO. E IMOS UTILIZAR ESE.
A RENATO OCÓRRELLE UNHA DESGRAZA QUE SOLUCIONA DUNHA FORMA ORIXINAL. NÓS, NA CLASE, IMOS PENSAR EN QUE OUTRAS ALTERNATIVAS TERÍA O NOSO AMIGO.
AQUÍ TENDES A FICHA DA VINDEIRA SESIÓN.

28/11/16

SABELA FÍXONOS PENSAR

IMAXE: RAMÓN PARÍS LAGO.

XA VOS CONTAMOS NO ANTERIOR ARTIGO COMO SE ÍAN DESENVOLVER AS CLASES DE FILOSOFÍA PARA NENOS E NENAS. COMO VISTES, HABÍA MOITOS TEMAS QUE TRATAR PORQUE O CONTO DE SABELA TIÑA MOITA TALLADA: SEXISMO, LIBERDADE/DISCIPLINA... E NÓS TOCÁMOLOS TODOS.
FORON UNS DEBATES INTENSOS DOS QUE REPRODUCIMOS ALGUNHA PARTE.
POR EXEMPLO, HOUBO UN MOMENTO DURANTE A PRIMEIRA SESIÓN NO QUE UTILIZAMOS HABILIDADES DE PERCEPCIÓN (A OBSERVACIÓN) E ABORDAMOS OS ESTEREOTIPOS SEXISTAS. USANDO A ILUSTRACIÓN DE SABELA NA COCIÑA.
MESTRE (M): NA COCIÑA, ESTÁ SABELA, VERDADE? PERO HAI MÁIS PERSOAS. FIXÁDEVOS EN QUEN SON AS PERSOAS.
ALE: COCIÑEIRAS!
M: E POR QUE HAI COCIÑEIRAS?
GUI: PARA COCINAR.
M: E AS COCIÑEIRAS ESTAS QUE HAI AQUÍ, GAB, SON HOMES OU MULLERES?
GAB: MUJERES.
M: E POR QUE SON MULLERES AS COCIÑEIRAS?
GAB: PORQUE SABEN COCINAR.
M: E OS HOMES NON  SABEN COCIÑAR?
GUI: SI. MI PADRE, SI.
M: TEU PAI SABE COCIÑAR?
VARIOS/AS: Y EL MÍO.
M: ENTÓN, POR QUE SON TODAS MULLERES?
ALE: PORQUE LES MANDÓ EL REY.
M: O REY NON QUERÍA HOMES NA COCIÑA?
ALE: PORQUE YA HABÍA MUCHOS PARA VESTIR A LAS NIÑAS.
M: AH, PORQUE ÁS NENAS VESTÍANAS OS CRIADOS.
ENR: TAMBIÉN HAY COCINEROS.
M: AQUÍ, NESTA COCIÑA, NON.
TAMÉN FALAMOS DE RECENDOS (O CORTELLO DOS PORCOS ANIMABA A ISO) E ELABORAMOS UNHA LISTA DE LUGARES, COUSAS E SITUACIÓNS QUE ULISEN MÁIS OU MENOS DE XEITO SEMELLANTE.
XA NA SEGUNDA SESIÓN, MANTIVEMOS UN DIÁLOGO ONDE BUSCAMOS ANALOXÍAS (UNHA HABILIDADE DE PENSAMENTO) QUE RELACIONASEN A NOSA VIDA CO QUE LLE ESTABA A PASAR A SABELA COS CASTIGOS:
M: POIS AGORA QUERO QUE PENSEMOS UN POUQUIÑO. E AGORA IMOS PENSAR SE PAPÁ E MAMÁ OU AVÓS OU OS TÍOS NOS CASTIGAN. SE A VÓS VOS CASTIGAN. E POR QUE VOS CASTIGAN? GUI, A TI CASTÍGANTE OS TEUS PAIS?
GUI: SI.
M: E POR QUE TE CASTIGAN? QUE FAS?
GUI: PUES... SUBIRME AL SOFÁ... CON LOS ZAPATOS.
M: E, CANDO TE CASTIGAN, ONDE CHE MANDAN?
GUI: DE PIE.
M: PÓÑENCHE DE PÉ? FACENDO QUE?
GUI: NADA.
M: ABURRÍNDOTE?
GUI: SI.
M: E A TI, ALE, CASTÍGANTE?
ALE: NO. ALGUNAS VECES.
M: QUE FAS PARA QUE TE CASTIGUEN?
ALE: POR EJEMPLO, PORTARME MAL. A MAMÁ LE PONGO ENFADADA. A PAPÁ LE PONGO ENFADADO Y UN DÍA PASÓ ESTO. YO, CUANDO ESTABA VIENDO UNA PELI, ME LEVANTÉ Y MI PADRE ME DIJO QUE BAJARA LA PERSIANA Y YO NO LE ESCUCHÉ. SE LEVANTÓ Y YO BAJÉ RÁPIDO LA VENTANA, PERO NO ME DIO TIEMPO Y ME CASTIGARON EN MI HABITACIÓN.
AMOSAMOS SÓ UN CHISCO DAS CONVERSAS PORQUE DURARON... MÁIS DE 20 MINUTOS! NON AS IAMOS REPRODUCIR TODAS AQUÍ!

07/11/16

A AVALIACIÓN FIGUROANALÓXICA

https://issuu.com/ramonparis/docs/avaliaci__n_figuroanal__xica_imaxes
IMAXE: RAMÓN PARÍS LAGO.


A PALABRIÑA FIGUROANALÓXICA, A SIMPLE VISTA, PODE SEMELLAR DIFÍCIL DE ENTENDER. PERO NESTE ARTIGO QUEDA BEN EXPLICADA. EN RESUMO: A AVALIACIÓN FIGUROANALÓXICA UTILIZA IMAXES PARA FACILITAR A REFLEXIÓN.
NAS SESIÓNS DE FILOSOFÍA PARA NENOS E NENAS QUE LEVAMOS A CABO EN ATENCIÓN EDUCATIVA, REMATAMOS SEMPRE CUNHA PEQUENA CHARLA NA QUE NOS VALORAMOS INDIVIDUAL E COLECTIVAMENTE. PARA ISO, SERVÍMONOS DAS IMAXES CUSTOMIZADAS DE ARASAAC, QUE NOS SERVEN PARA INICIAR ESA REFLEXIÓN.

28/10/16

MÁIS MONSTROS

IMAXE:RAMÓN PARÍS LAGO.

IMOS CREAR UN FÍO DE IDEAS. TRES EN CONCRETO.

COMECEMOS!

POIS ESTIVEMOS XOGANDO (E MOITO) AO DOMINÓ DAS EMOCIÓNS. PERO NON SE TRATA SÓ DE XOGAR (QUE TAMÉN); PRETENDIAMOS SENTAR, PAROLAR, RESPECTAR QUENDAS, APRENDER A PERDER E ALGO MÁIS DIFÍCIL: A GAÑAR.

SIGAMOS!

ADEMAIS, ESTA SEMANA ESTIVEMOS TRATANDO O SAMAÍN E, XA QUE A COUSA ÍA DE MONSTROS, ESTIVEMOS A GOZAR DOUTRO LIBRO: ONDE VIVEN OS MONSTROS. AQUÍ VOS DEIXAMOS A LIGAZÓN (PREMEDE NA FOTO) E UN VÍDEO.

E XA PARA REMATAR!

E, XA QUE ESTABAMOS CO TEMA DE SAMAÍN E O MEDO, ESTIVEMOS A COLOREAR COUSAS TERRORÍFICAS.

17/10/16

XOGAMOS, FALAMOS, PENSAMOS, SENTIMOS

IMAXE: WEQUEST LAS EMOCIONES.

AS SEMANAS PASADAS FOMOS REUNINDO POLAS TRES AULAS DE 5 ANOS DEBUXOS QUE REPRESENTAN AS DIFERENTES EMOCIÓNS PRESENTES NO LIBRO. XA AS PUIDESTES VER NA ANTERIOR ENTRADA. TODOS ELES NOS SERVIRON PARA ESTABLECER UN PEQUENO DIÁLOGO. ESCOLLEMOS UN AO CHOU, COMENTAMOS QUE SE VÍA NEL E, LOGO, DISCUTIMOS SOBRE SE NÓS SENTIMOS O MESMO QUE O NENO OU NENA QUE O DEBUXOU. ALGÚNS SON MOI CLAROS.
NOUTROS HAI DIVISIÓN DE OPINIÓNS.
CALMA OU LEDICIA?
RABIA OU TRISTURA?
MEDO?
PERO, ADEMAIS DISTO, QUIXEMOS PASAR UN BO RATO EN GRUPO CREANDO O NOSO PROPIO XOGO DE MESA: UN DOMINÓ. ESTIVEMOS A COLOREAR AS FICHAS DO XOGO. SEGUINDO AS CORES EMOTIVAS DO LIBRO. SE O QUEREDES PINTAR NA CASA, DESCARGÁDEO PREMENDO NA IMAXE.
IMAXE: RAMÓN PARÍS LAGO.
LOGO, RECORTÁMOLAS, PLASTIFICÁMOLAS E VOLVÉMOLAS RECORTAR. E XA ESTÁ. XA TEMOS UN DOMINÓ DE EMOCIÓNS.
O MALO É QUE TEMOS QUE APRENDER BEN AS NORMAS DO XOGO AÍNDA. TRÁTASE DE DESFACERSE DAS FICHAS, NON DE ACUMULALAS! :)
PD: SE QUEREDES ACOMPAÑAR AS ACTIVIDADES CON MÚSICA, NESTE ARTIGO D'A TROPA HAI UNHA LISTA DE REPRODUCIÓN CON PEZAS QUE NOS INSPIRAN DIFERENTES EMOCIÓNS. ENJOY!

O EFECTO ARCOS IRIS: UNHA VIAXE POLAS EMOCIÓNS A TRAVÉS DA MÚSICA

  1. INTRO: PALLADIO DE KARL JENKINS (1944). 
  2. MEDO: NOITE NO MONTE PELADO DE MODEST MUSSORGSKY (1839-1881).
  3. LEDICIA: CONCERTO Nº 2 EN SOL MENOR. OP. 8, RV 315, O VERÁN (PRESTO) DE ANTONIO VIVALDI (1678-1741).
  4. TRISTURA: ADAGIO EN SOL MENOR DE TOMASO ALBINIONI (1671-1751).
  5. AMOR: VALS DA BELA DURMENTE DE PIOTR ILICH TCHAIKOVSKY (1840-1893).
  6. CALMA: WIEGENLIED OP. 49 N° 4 (CANCIÓN DE BERCE) DE JOHANNES BRAHMS (1833-1897).
  7. RIGAUDON DE HOLBERG SUITE, OP. 40 DE EDVARD GRIEG (1843-1907).
  8. RABIA: CANCÁN DE ORFEO EN LOS INFIERNOS DE JACQUES OFFENBACH (1819-1880).

03/10/16

UN BO LIBRO PARA COMEZAR

IMAXE: LA MAMÁ VACA.

UNHA DAS TAREFAS DE PAULO COMO AXUDANTE DO MESTRE DE APOIO Á EDUCACIÓN INFANTIL CONSISTE EN IMPARTIR A ATENCIÓN EDUCATIVA AO ALUMNADO QUE NON OPTA POLA MATERIA DE RELIXIÓN.
ESTES DÍAS ESTIVEMOS ESTABLECENDO NORMAS PREVIAS PARA PODER APRENDERMOS MELLOR. FALAMOS, ESCOITAMOS E PENSAMOS SOBRE ELAS. E AGORA TOCA COMEZAR COA TALLADA! O PRIMEIRO RECURSO QUE IMOS USAR É UN LIBRO DE ANNA LLENAS: EL MONSTRUO DE COLORES. SEGURO QUE XA O COÑECEDES E QUE ALGUNHA VEZ O LESTES.
ESTIVEMOS REPRESENTANDO UNHA CANCIÓN DEDICADA A EL.

PENSAMOS EN SITUACIÓNS DA VIDA QUE NOS CAUSAN AS EMOCIÓNS QUE XPLICA A AMIGA DO MONSTRO. AÍ VAI SÓ UNHA MOSTRA.
PONME CONTENTO:
PONME TRISTE:
PONME FURIOSO.
MÉTE MEDO.
INSPÍRAME CALMA.
E SENTIMOS AMOR.

CONTINUARÁ.

15/09/16

AS REGRAS DO XOGO

IMAXE: RAMÓN PARÍS LAGO.

LEMBRADES AS NORMAS QUE ACORDAMOS O CURSO PASADO PARA A NOSA AULA? SINXELAS, NON? ERAN SÓ 3, COMO OS ANOS QUE TIÑAN OS NENOS E NENAS DA AULA.
AGORA TOCA AFINAR UN CHISCO MÁIS: SOMOS RAPACES E RAPAZAS DE 5 ANOS E QUEREMOS CONTARNOS COUSAS PARA DIVERTIRNOS E APRENDER. O XOGO DIALÓXICO (O DEBATE, VAIA) DEBE DESENVOLVERSE NA AULA CUNHAS REGRAS BÁSICAS. QUEREMOS QUE NOS ATENDAN E ENTENDAN E, PARA ISO, NECESITAMOS SER ATENDIDOS E ENTENDIDOS. PARTIMOS, ENTÓN, ESTE CURSO CUNHA PROPOSTA: NORMAS PARA PODERMOS FALAR EN GRUPO. SÁTIRO (2012) PROPÓN 6 E AQUÍ AS REPRODUCIMOS PARA RECORDALAS NA AULA. USAMOS OS PICTOGRAMAS DE ARASAAC.

ESCOITAR CON ATENCIÓN

EXPRESAR AS PROPIAS IDEAS (FALAR)

PEDIR QUENDA (LEVANTAR A MAN)

TER EN CONTA AOS DEMAIS (RESPECTARSE)

PENSAR SOBRE AS IDEAS QUE XORDEN

PASALO BEN

IMAXES: ARASAAC.

13/09/16

BENVIDOS E BENVIDAS A UN NOVO CURSO

IMAXE: CEIP ALBORADA.

QUEREMOS ACOLLER CALOROSAMENTE OS NENOS E NENAS DE 5 ANOS DO CEIP ALBORADA DE A CORUÑA. SE A FUNCIÓN DO MESTRE CAMBIA CADA CURSO, A NATUREZA DO BLOG TAMÉN. POR ISO, COMA SEMPRE, A TROPA DE PAULO CONTERÁ ARTIGOS DE INTERESE PARA O ALUMNADO DESTE ANO. AGARDAMOS QUE VOS SIGA GUSTANDO!

22/06/16

ANIVERSARIOS E DESPEDIDA

IMAXE: RAMÓN PARÍS LAGO.

ALÁ FOI O CURSO! ISTO DA VIDA, CANDO UN SE ENTRETÉN, VAI MOI LIXEIRA.
A SEMANIÑA FOI DE AÚPA. DÍAS MOI ESPECIAIS QUE EN NADA SEMELLAN AS DELICIOSAS RUTINAS DE TODOS OS DÍAS. ONTE ESTIVEMOS A CELEBRAR OS ANIVERSARIOS DOS NENOS E NENAS QUE LLES TOCA FESTEXAR OS ANOS DURANTE O VERÁN (OU QUE AÍNDA NON LLO FIXERAMOS DURANTE O CURSO).
E HOXE TOCABA DESPEDIDA CUNHA CHEA DE ATRACCIÓNS NO PATIO, CHOCOLATE CON CRUASÁNS, PHOTOCALL...
GRAZAS A TODOS E TODAS POLA VOSA AXUDA, COLABORACIÓN E COMPRENSIÓN: FAMILIAS, PILI, MONTSE, MAJO, ELVIRA... E NON SIGO PARA NON DEIXAR A NINGUÉN. SERÍA INXUSTO.
IMAXE: SELFIE DE RAMÓN CO SEU AGASALLO. GRAZAS.
PD: DÉIXOVOS A LIGAZÓN A UNHA FOTO QUE NOS SACARON DURANTE A SAÍDA AO MAC E QUE ALGUNHAS FAMILIAS ME ESTIVERON SOLICITANDO. A CALIDADE NON É A MELLOR PERO, CLARO, O AUTOBÚS NON CABÍA NO ESCÁNER.

01/06/16

CARTA DE OLE E CARTA A OLE

IMAXE: RAMÓN PARÍS LAGO.
LEMBRADES QUE HAI UNHAS SEMANAS FOMOS VISITAR AO AMIGO OLE, QUE VIVÍA NA BIBLIOTECA DOS ROSALES? POIS BEN, ACABAMOS DE RECIBIR UNHA CARTA DEL E, POR SUPOSTO, ABRÍMOLA. O INTERIOR CONTIÑA UNHA ESTUPENDA FOTO NOSA CON OLE E AS BIBLIOTECARIAS. AGORA, TÓCANOS CONTESTARLLA, NON SI?
ESTIVEMOS NO RECANTO DA BIBLIOTECA ESCRIBÍNDOLLA. METÉMOLA NUN SOBRE CO SEU ENDEREZO E, NA ASEMBLEA, DECIDIMOS QUE CON ISO ABONDABA PARA MANDARLLA. OU, SE CADRA, DEBUXARLLE ALGO NO SOBRE E LISTO.
ESTA FIN DE SEMANA, DANIEL VAINA DEPOSITAR NUN BUZÓN. DI QUE HAI UN AO LADO DA SÚA CASA. A VER QUE PASA ENTÓN. AGARDEMOS QUE LLE CHEGUE.

31/05/16

ANIVERSARIO DE ZOE

IMAXE: RAMÓN PARÍS LAGO.

UNHA NOVA NENA ENTRA NO CLUB DOS 4 E, POR SUPOSTO, ESTIVÉMOSLLE COMENDO UN ANACO DE DELICIOSO BISCOITO QUE TROUXO. ANTES, COMA SEMPRE, CANTÁMOSLLE EN TRES IDIOMAS. LOL!
X. RODÍGUEZ (LETRA) E E. NOVOA (MÚS.)

30/05/16

O RECANTO DA CASIÑA

IMAXES: PILI NOGUEIRA.

O RECANTO DA CASIÑA ULTIMAMENTE NON ESPERTABA MOITO INTERESE. POR ISO, QUIXEMOS DARLLE UN EMPURRÓN E, PARA ISO, DECIDIMOS PEDIR A COLABORACIÓN DAS FAMILIAS. PEDÍMOSLLES QUE, SE TIÑAN NA CASA, TROUXESEN ROUPA, DISFRACES E COMPLEMENTOS VELLOS PARA METERMOLOS NUN BAÚL NO RECANTO. TODO ESE MATERIAL DESPOIS SERVIRÍANOS PARA DISFRAZARNOS E IIMAXINAR MILES DE HISTORIAS. 
AGORA MESMO, O BAÚL ESTÁ CHEO E, PROBABLEMENTE VEXÁMONOS OBRIGADOS A MERCAR OUTRO. POR ISO, GRAZAS A TODOS E TODAS AS QUE FIXESTES A VOSA ACHEGA.