IMAXE: WEQUEST LAS EMOCIONES. |
AS SEMANAS PASADAS FOMOS REUNINDO POLAS TRES AULAS DE 5 ANOS DEBUXOS QUE REPRESENTAN AS DIFERENTES EMOCIÓNS PRESENTES NO LIBRO. XA AS PUIDESTES VER NA ANTERIOR ENTRADA. TODOS ELES NOS SERVIRON PARA ESTABLECER UN PEQUENO DIÁLOGO. ESCOLLEMOS UN AO CHOU, COMENTAMOS QUE SE VÍA NEL E, LOGO, DISCUTIMOS SOBRE SE NÓS SENTIMOS O MESMO QUE O NENO OU NENA QUE O DEBUXOU. ALGÚNS SON MOI CLAROS.
NOUTROS HAI DIVISIÓN DE OPINIÓNS.
NOUTROS HAI DIVISIÓN DE OPINIÓNS.
CALMA OU LEDICIA?
PERO, ADEMAIS DISTO, QUIXEMOS PASAR UN BO RATO EN GRUPO CREANDO O NOSO PROPIO XOGO DE MESA: UN DOMINÓ. ESTIVEMOS A COLOREAR AS FICHAS DO XOGO. SEGUINDO AS CORES EMOTIVAS DO LIBRO. SE O QUEREDES PINTAR NA CASA, DESCARGÁDEO PREMENDO NA IMAXE.
IMAXE: RAMÓN PARÍS LAGO. |
LOGO, RECORTÁMOLAS, PLASTIFICÁMOLAS E VOLVÉMOLAS RECORTAR. E XA ESTÁ. XA TEMOS UN DOMINÓ DE EMOCIÓNS.
O MALO É QUE TEMOS QUE APRENDER BEN AS NORMAS DO XOGO AÍNDA. TRÁTASE DE DESFACERSE DAS FICHAS, NON DE ACUMULALAS! :)
PD: SE QUEREDES ACOMPAÑAR AS ACTIVIDADES CON MÚSICA, NESTE ARTIGO D'A TROPA HAI UNHA LISTA DE REPRODUCIÓN CON PEZAS QUE NOS INSPIRAN DIFERENTES EMOCIÓNS. ENJOY!
PD: SE QUEREDES ACOMPAÑAR AS ACTIVIDADES CON MÚSICA, NESTE ARTIGO D'A TROPA HAI UNHA LISTA DE REPRODUCIÓN CON PEZAS QUE NOS INSPIRAN DIFERENTES EMOCIÓNS. ENJOY!
O EFECTO ARCOS IRIS: UNHA VIAXE POLAS EMOCIÓNS A TRAVÉS DA MÚSICA
- INTRO: PALLADIO DE KARL JENKINS (1944).
- MEDO: NOITE NO MONTE PELADO DE MODEST MUSSORGSKY (1839-1881).
- LEDICIA: CONCERTO Nº 2 EN SOL MENOR. OP. 8, RV 315, O VERÁN (PRESTO) DE ANTONIO VIVALDI (1678-1741).
- TRISTURA: ADAGIO EN SOL MENOR DE TOMASO ALBINIONI (1671-1751).
- AMOR: VALS DA BELA DURMENTE DE PIOTR ILICH TCHAIKOVSKY (1840-1893).
- CALMA: WIEGENLIED OP. 49 N° 4 (CANCIÓN DE BERCE) DE JOHANNES BRAHMS (1833-1897).
- RIGAUDON DE HOLBERG SUITE, OP. 40 DE EDVARD GRIEG (1843-1907).
- RABIA: CANCÁN DE ORFEO EN LOS INFIERNOS DE JACQUES OFFENBACH (1819-1880).
Ningún comentario:
Publicar un comentario
PON AQUÍ O TEU COMENTARIO.