IMAXES: RAMÓN PARÍS LAGO. |
E POR FIN CHEGOU O DÍA DA EXCURSIÓN. O MÉRCORES, A MEDIA MAÑÁ, COLLEMOS OS NOSOS MAPAS PARA NON PERDERNOS E SUBIMOS AO AUTOBÚS. O CONDUTOR FOI SEGUINDO A RUTA QUE TRAZAMOS E, POR ISO, PASAMOS POLO CAMPO DE FÚTBOL, POLA BEIRA DA PRAIA E, AO FONDO, DIVISAMOS O MAR.
CHEGAMOS AO MUSEO E COÑECEMOS Á MONITORA QUE NOS ÍA GUIAR POR EL. PRIMEIRO, SENTAMOS PERANTE UN CADRO SOBRE O MAR E AMOSOUNOS UN CONTO SOBRE UNHA NENA E UNHA OLA. NON LEMBRAMOS O NOME DO AUTOR DO CADRO. VÓS SABÉDELO?
LEVOUNOS, DESPOIS, A VER UN CADRO DE LUÍS SEOANE E ALÍ FIXEMOS MAXIA: MIRAMOS A TRAVÉS DE PAPEL DE CELOFÁN E AS CORES DO CADRO MUDABAN!
LOGO, FOMOS GOZAR DO NOSO CADRO FETICHE DE URBANO LUGRÍS: MARIÑA SURREALISTA. E MESMO NOS AMOSOU UNHA SEREA XIGANTE.
O ÚLTIMO CADRO QUE OBSERVAMOS ERA UN DE FRANCISCO LLORÉNS NO QUE SE AMOSABA UNHA FERMOSA PAISAXE COSTEIRA. TAMÉN NOS PREGUNTARON SOBRE OS INSTRUMENTOS QUE UTILIZAN OS PINTORES. NÓS, COMO XA FÓRAMOS DISFRAZADOS DISO, COÑECIÁMOLOS TODOS. COMO NON?
DESPOIS, QUIXEMOS OIR OS RUÍDOS QUE EMITÍA, AO MOVERSE, UNHA ESCULTURA DE PACO PESTANA.
E, FINALMENTE, ESTIVEMOS PEGANDO REPRODUCIÓNS DOS CADROS QUE VÍRAMOS NUN CADERNO QUE LOGO LEVAMOS PARA A CASA.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
PON AQUÍ O TEU COMENTARIO.