29/04/16

ISTO VAI MEDRANDO!

IMAXES: RAMÓN PARÍS LAGO.

XA ESTAMOS EN MARCHA EN ÁBRESE UN GROMO. PEDÍMOSVOS ÁS FAMILIAS QUE FÓSEDES TRAENDO, SE TIÑADES, COUSAS RELACIONADAS COA HORTA, AS PLANTAS, AS FLORES... E A VOSA RESPOSTA FOI SENSACIONAL. EN POUCOS DÍAS, TIÑAMOS A NOSA MESIÑA CHEA DE OBXECTOS: SACHOS, PLANTAS, SEMENTES, REGADEIRAS...
E MESMO, AÍNDA QUE NA FOTO NON SE VE, UNHA ADIVIÑA QUE INVENTOU ADELA.
LARANXA POR BAIXO.
VERDE POR RIBA.
ESTÁ MÁIS RICA CRÚA
QUE COCIDA.
COAS FERRAMENTAS FOMOS PREPARAR A HORTA. EN PRIMEIRO LUGAR, REMEXEMOS A TERRA.
DESPOIS, DIVIDIMOS UNHAS PARCELAS PARA CADA CLASE.
COLGÁMOSLLE UN CARTEL.
XA ESTABA LISTA A HORTA. SÓ FALTABA COMEZAR A PLANTAR. NA CLASE, XA CONTABAMOS CON PLANTAS DE AMORODOS, VERZAS, MARGARIDAS...
E MESMO FLORES QUE XA DECORAN O CORREDOR DO COLEXIO.
AS SEMENTES, DE MOMENTO, PLANTÁMOLAS, IGUAL QUE O AVÓ DE MARÍA, NUNHA MACETA.
BOTÁMOSLLE SUBSTRATO Á TERRA, ELABORAMOS UNS CARTEIS PARA AS PLANTAS E ENTERRAMOS AS SÚAS RAÍCES NA NOSA HORTA.
PERO, NON SÓ ISO. ESTA TEMÁTICA ESTANOS A SERVIR PARA DESCUBRIR AS PARTES DUNHA FLOR BUSCANDO NUN LIBRO, NO RECANTO DA BIBLIOTECA; NO DE PLÁSTICA, PARA COÑECER AS FLORES QUE PINTAN OS ARTISTAS:


  • GAUGUIN... E MÁIS PINTORES E PINTORAS QUE VIRÁN, COMO ALBA:
E TAMÉN PARA INTERPRETAR UNHA FERMOSA CANCIÓN POPULAR.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

PON AQUÍ O TEU COMENTARIO.