IMAXE: RAMÓN PARÍS LAGO. |
POIS VELAQUÍ O CONTO QUE IMAXINAMOS ENTRE TODOS A PARTIR DO NOSO DEBUXO ELIXIDO. COMEZARON OS DA CLASE DE MARI:
HABÍA UNHA VEZ UN CRONOPIO SUPERHEROE QUE SALVABA O MUNDO. TIÑA ANTENAS, UN CINTO, UNHA CAPA E ARMAS PARA DEFENDERSE. NON PARABA DE COMER HAMBURGUESAS E, POR ISO, O CRONOPIO ESTABA UN POUQUIÑO GORDO E RECHONCHO. SUPERCRONOPIO, QUE ASÍ SE CHAMABA, TIÑA UN PROBLEMA.
E CONTINUARON OS DE MARÍA:
A SÚA FAMILIA VIVÍA NA LÚA, EL NON PODÍA VOAR PORQUE INCHARA A HAMBURGUESAS E, CLARO, NON PODÍA IR VISITALA. ESTABA MOI TRISTE E PENSOU VARIAS IDEAS.
PODERÍA MERCAR UNHA NAVE ESPACIAL, PERO NON CABERÍA POLA PORTA.
PODERÍA FACER EXERCICIO, PERO ISO NON LLE GUSTABA MOITO.
POODERÍA MERCAR UNHA MOCHILA PROPULSORA, PERO SEGURO QUE NON LLE COLLERÍA O CINTO.
E CONTINUARON OS DE MAITE:
ENTÓN, OCORRÉUSELLE CAMIÑAR E COMEZOU A CAMIÑAR, O CABO DUN POUCO, ATOPOU UNHA PEGADA NO CHAN. E OUTRA E LOGO OUTRA. SEGUIUNAS E CHEGOU ATA A CASA DUN MONSTRO. MIROU POLA VENTÁ E DENTRO VIU... OS SEUS PAIS QUE FORAN CAPTURADOS POLO MONSTRO. CANDO O MALVADO MONSTRO VIU A SUPERCRONOPIO LANZOULLE UNHA BÓLA DE LUME, PERO ESTE ESQUIVOUNA E BOTOULLE AUGA PARA APAGALA. NON SABÍA QUE FACER PARA RESCATALOS.
BEN, E AQUÍ REMATA O CONTO. REMATA? POIS CLARO QUE NON. COMO NA CLASE HABÍA MOITA DISCUSIÓN SOBRE COMO ACABALO, DECIDIMOS VOTAR AS DIFERENTES POSIBILIDADES E PODEDES FACELO AQUÍ.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
PON AQUÍ O TEU COMENTARIO.