QUE IMOS FACER O AMIGO PAULO EN PSICOMOTRICIDADE? AQUÍ O TENDES:
QUECEMENTO: IMOS CORRER DE DIFERENTES MANEIRAS BORDEANDO A CARBALLEIRA QUE HOXE TEMOS NA AULA DE USOS MÚLTIPLES (AS FOLLAS DOS CARBALLOS SERÁN CONOS PEQUENOS SITUADOS POR TODO O ESPAZO DA CLASE).
XOGOS ESPACIAIS: ADENTRÁMONOS NA CARBALLEIRA E, COA PELOTA DE PILATES. IMOS PASEANDO ENTRE AS FOLLAS SEN TOCALAS.
XOGOS CORPORAIS: EN EQUIPOS DE 4 CATIVOS OU CATIVAS, ÍMONOS IR PASANDO A GRAN PELOTA CON DIFERENTES PARTES DO CORPO SEGUNDO DE INDIQUE.
XOGOS TEMPORAIS: PASARÉMOLA PRIMEIRO NO SENTIDO DAS AGULLAS DO RELOXO, LOGO AO CONTRARIO E AO FINAL COMO QUEIRAMOS.
RELAX: DEITARÉMONOS A DESCANSAR COAS PELOTAS NO PEITO E MÚSICA QUEDA.