10/12/17

UN PAR DE PANXOLIÑAS CON PICTOGRAMAS

IMAXE: STATIC PEXELS.

COMO SE ACHEGA O NADAL, NO RAKONTO PEQUENO VAN PUBLICARSE BREVEMENTE DÚAS PANXOLIÑAS. PERO, PARA IR ENSAIÁNDOAS, XA VOLAS ADIANTAMOS AQUÍ. ESTES DÍAS QUE QUEDAN ATA VACACIÓNS IMOS ESTAR CANTÁNDOAS NAS CLASES DE APOIO DE INFANTIL.
A PRIMEIRA PANXOLIÑA CÁNTAA TINO BAZ.



IMAXE: RAMÓN PARÍS.

A SEGUNDA É UN LID UP DA EEI NOSA SEÑORA DO CARME DE MARÍN.



04/12/17

A SRA. LINGUA TEN FRÍO

IMAXES: ROLLING STONE LOGO® E WIKIA.

CHEGA O INVERNO E, CON EL, O FRÍO. A SEÑORA LINGUA ESTÁ A TREMER (FACEMOS PAPARRUCHAS COS BEIZOS) CANDO SAE FÓRA DA SÚA CASA (SACAMOS A LINGUA). POR ISO, PARA ESTAR AO QUENTIÑO, A NOSA AMIGA MÉTESE DENTRO, ACENDE A LAREIRA E PONSE UNHA MANTIÑA (TOCAMOS OS POTES POR DENTRO COA LINGUA).

03/12/17

CHUMBALAGARTO!


ESTA SEMANA EN EDUCACIÓN FÍSICA DE BASE, FAREMOS:
  • QUECEMENTO: IMOS DESPRAZARNOS DE DIFERENTES MANEIRAS E PORTANDO DISTINTOS MATERIAIS (AROS, ZANCOS, PELOTAS...).
  • XOGOS ESPACIAIS: CO MESMO XOGO DE ANTES, Á ORDE DO MESTRE, CAMBIAREMOS A NOSA POSICIÓN. METERÉMONOS DENTRO DO ARO, BAIXAREMOS DOS ZANCOS, SENTAREMOS ENRIBA DA PELOTA...
  • XOGOS CORPORAIS: PRACTICAREMOS A REVIRAVOLTA NAS COLCHONETAS.
  • XOGOS TEMPORAIS: REALIZAREMOS UN PEQUENO CIRCUÍTO SEGUINDO UNHA ORDE NOS EXERCICIOS. PRIMEIRO, DAREMOS UNHA REVIRAVOLTA, LOGO DESPRAZAREMOS A PELOTA DUN LUGAR A OUTRO COAS MANS E, AO FINAL, PORTAREMOS O TRES AROS EN DIFERENTES PARTES DO CORPO.
  • RELAX: CON AROS COLOCADOS POR TODA A CLASE, TODOS OS NENOS E NENAS SENTARÁN NA PAREDE. AQUELES QUE ESTEAN MOI TRANQUILOS PODERÁN DESCANSAR NUN DOS AROS COMO SE FOSEN UNHA RA NUN NENÚFAR.

27/11/17

AMOR E AMIZADE

IMAXE: PATASDEPEIXE.

LEVAMOS DESDE COMEZO DE CURSO LENDO LIBROS SOBRE EMOCIÓNS. DESDE HAI UNHAS SEMANAS ESTIVEMOS LENDO UN QUE FALA SOBRE O AMOR, O AGARIMO: O CAMALEÓN AZUL. O CAMALEÓN SÉNTESE SÓ E VAI POLA VIDA BUSCANDO UN AMIGO QUE O QUEIRA DISFRAZÁNDOSE DE TODO O QUE VAI ATOPANDO POLO CAMIÑO, PERO NADA. NON CONSEGUE ATOPAR ALGUÉN QUE O QUEIRA. E SOBRE ISO, SOBRE A AMIZADE, ESTIVEMOS A FALAR:
RAMÓN: QUE FACEMOS COS AMIGOS?
GAB: JUGAMOS.
PAU: RESPETAMOS.
RAM: QUE É RESPECTAR?
PÀU: RESPETAR ES... ATENDER A LAS COSAS.
RAM: QUE MÁIS FACEMOS COS AMIGOS?
MIG: DIVERTIRNOS.
ALE: PASEAMOS.
AIH: COMPARTIMOS LOS JUGUETES.
COS: IR DE PASEO CON UNA CHICA.
RAM: E NON PODES IR DE PASEO CON UN CHICO?
COS: NO.
ARI: AH, ¿Y POR QUÉ TÚ DISTE UN PASEO CONMIGO?
COS: PORQUE NO PUEDE.
VARIOS: SÍ QUE PUEDE.
MIG: UN DÍA ESTABA PASEANDO CON AIH. TAMBIÉN. JUGANDO.
ARI: SI, PORQUE TÚ Y YO, COS., EN EL PATIO PASEAMOS Y JUGAMOS.
ESTE É UN FRAGMENTO DOS INTERESANTES DEBATES QUE SE PRODUCEN NA CLASES CON RESPECTO AO TEMA.
E XA QUE O TEMA VAI SOBRE O AMOR, AÍ VAI UNHA CANCIÓN: EU TEÑO ALGUÉN DE MARÍA FUMAÇA.

13/11/17

GRANDES BALÓNS POLA CARBALLEIRA


QUE IMOS FACER O AMIGO PAULO EN PSICOMOTRICIDADE? AQUÍ O TENDES:
  • QUECEMENTO: IMOS CORRER DE DIFERENTES MANEIRAS BORDEANDO A CARBALLEIRA QUE HOXE TEMOS NA AULA DE USOS MÚLTIPLES (AS FOLLAS DOS CARBALLOS SERÁN CONOS PEQUENOS SITUADOS POR TODO O ESPAZO DA CLASE). 
  • XOGOS ESPACIAIS: ADENTRÁMONOS NA CARBALLEIRA E, COA PELOTA DE PILATES. IMOS PASEANDO ENTRE AS FOLLAS SEN TOCALAS.
  • XOGOS CORPORAIS: EN EQUIPOS DE 4 CATIVOS OU CATIVAS, ÍMONOS IR PASANDO A GRAN PELOTA CON DIFERENTES PARTES DO CORPO SEGUNDO DE INDIQUE.
  • XOGOS TEMPORAIS: PASARÉMOLA PRIMEIRO NO SENTIDO DAS AGULLAS DO RELOXO, LOGO AO CONTRARIO E AO FINAL COMO QUEIRAMOS.
  • RELAX: DEITARÉMONOS A DESCANSAR COAS PELOTAS NO PEITO E MÚSICA QUEDA.

06/11/17

FILOSOFÍA DAS EMOCIÓNS I

IMAXE: MAMINATURA.COM.

NAS CLASES DE APOIO DESTAS ÚLTIMAS SEMANAS, IMOS SINULTANEANDO AS CANCIÓNS PREPARATORIAS DO PASADO XA SAMAÍN E DO MAGOSTO CON OUTRAS ONDE LEMOS CONTOS QUE TEÑEN QUE VER COAS EMOCIÓNS. POR EXEMPLO, ESTE:
IMAXE: SM.

EN TODA ESA VORÁXINE, TAMÉN NOS QUEDA TEMPO PARA FILOSOFAR UN POUCO. DE FEITO, ANTES DE LERMOS ESTE E OUTROS CONTOS, UN DÍA LOGO DE TER VISTO O CONTO DO MONTRUO DE COLORES, PUXÉMONOS A CONVERSAR:
RAMÓN: POR QUE CRES QUE SE NAMOROU O MONSTRO DE CORES (PÁSALLE AO FINAL DO LIBRO)?
ELV.: PORQUE SE LIARON.
R: COMO? QUE É LIARSE?
ELV.: SE LIÓ CON EL COLOR ROSA DE LAS EMOCIONES.
CON REFLEXIÓNS TAN INTERESANTES COMO ESTA:
RAMON: ALE., TI CANDO TE ENFADACHES?
ALE.: CUANDO MI AMIGA NO PERDIÓ SUS PINYPON Y YO SÍ.
R: E TI, COS.?
COS.: CUANDO MI MAMÁ NO ME DA EL JUGUETE.
MIG.: CUANDO MI PAPÁ Y MI MAMÁ NO ME PROMETEN UNA COSA.
ERI: CUANDO MI HERMANO NO JUEGA CONMIGO, ME PONGO TRISTE.

26/10/17

XOGOS DO MAGOSTO

IMAXE: RAMÓN PARÍS LAGO.

ACHÉGASE O MAGOSTO E, CON EL, OS TRADICIONAIS XOGOS COAS CASTAÑAS. SE PREMEDES NA IMAXE, PODEREDES VER O BORRADOR EXPLICATIVO DE TRES DOS CATRO XOGOS QUE TEMOS PARA ESE DÍA. O CUARTO PODÉDELO LER EMBAIXO. COMO SEMPRE AS SESIÓNS ORGANIZARANSE ASÍ:

  • QUECEMENTO CON CANCIÓNS DO OUTONO
  • DESENVOLVEMENTO:
    • COMECASTAÑAS: ENCESTAR CASTAÑAS.
    • PLANTA E APAÑA: CASTAÑAS NUNHA CESTA. CADA XOGADOR OU XOGADORA COLLERÁ UNHA CASTAÑA PARA PLANTAR NO LUGAR INDICADO E LOGO VOLVE POR OUTRA E ASÍ SUCESIVAMENTE.
    • PASEA A CASTAÑA: EQUIPOS EN FILA TERÁN QUE IR PASÁNDOSE A CASTAÑA DE DIFERENTES MANEIRAS.
    • XOGO DAS CADEIRAS CON MÚSICA DE TODA A VIDA :)
    • RELAX CUNHA CANCIÓN FERMOSÍSIMA SOBRE O OUTONO.
IMAXE: RAMÓN PARÍS LAGO.

04/10/17

FILOSOFANDO CON EMOCIÓNS

IMAXE: RAMÓN PARÍS LAGO.

E AQUÍ VOS DEIXAMOS, SE PREMEDES NA FOTO, A PRIMEIRA SESIÓN DE FpN DESTE CURSO. COMO VEREDES, SERÁ CURTIÑA. HAI QUE COMEZAR POUCO E POUCO.

19/05/17

CASTELAO E O MEDIO AMBIENTE

IMAXE: GALICIA ESPALLADA.

ESTES DÍAS CELEBRAMOS O DÍA DAS LETRAS GALEGAS (EN REALIDADE, NÓS FESTEXÁMOLO TODOS OS DÍAS; O BLOG DE PAULO ESCRÍBESE INTEGRAMENTE EN GALEGO, XD).
SABEDES QUE TAMÉN SE ACHEGA O DÍA DO AMBIENTE E, PARA COMBINAR AS DÚAS ACTIVIDADES CONMEMORATIVAS, PENSAMOS NUNHA SESIÓN DE FILOSOFÍA PARA NENOS E NENAS (FpN). USAREMOS UN RECURSO QUE XUNTA UN AUTOR GALEGO (CASTELAO) CO DÍA DO AMBIENTE (AS RÍAS GALEGAS E OS PERIGOS QUE AS AMEAZAN).
PODEDES CONSULTAR O GUÍON DAS SESIÓNS AQUÍ.

11/05/17

CONTO INVENTADO... CON FINAL!

IMAXE: RAMÓN PARÍS LAGO.

POIS XA TEMOS O CONTO COMPLETO. NUHA DECISIÓN DEMOCRÁTICA DIXITAL, ELIXIMOS XA UN FINAL PARA O NOSO CONTO, QUE QUEDOU ASÍ:
HABÍA UNHA VEZ UN CRONOPIO SUPERHEROE QUE SALVABA O MUNDO. TIÑA ANTENAS, UN CINTO, UNHA CAPA E ARMAS PARA DEFENDERSE. NON PARABA DE COMER HAMBURGUESAS E, POR ISO, O CRONOPIO ESTABA UN POUQUIÑO GORDO E RECHONCHO. SUPERCRONOPIO, QUE ASÍ SE CHAMABA, TIÑA UN PROBLEMA.

A SÚA FAMILIA VIVÍA NA LÚA, EL NON PODÍA VOAR PORQUE INCHARA A HAMBURGUESAS E, CLARO, NON PODÍA IR VISITALA. ESTABA MOI TRISTE E PENSOU VARIAS IDEAS.
PODERÍA MERCAR UNHA NAVE ESPACIAL, PERO NON CABERÍA POLA PORTA.
PODERÍA FACER EXERCICIO, PERO ISO NON LLE GUSTABA MOITO.
POODERÍA MERCAR UNHA MOCHILA PROPULSORA, PERO SEGURO QUE NON LLE COLLERÍA O CINTO.

ENTÓN, OCORRÉUSELLE CAMIÑAR E COMEZOU A CAMIÑAR, O CABO DUN POUCO, ATOPOU UNHA PEGADA NO CHAN. E OUTRA E LOGO OUTRA. SEGUIUNAS E CHEGOU ATA A CASA DUN MONSTRO. MIROU POLA VENTÁ E DENTRO VIU... OS SEUS PAIS QUE FORAN CAPTURADOS POLO MONSTRO. CANDO O MALVADO MONSTRO VIU A SUPERCRONOPIO LANZOULLE UNHA BÓLA DE LUME, PERO ESTE ESQUIVOUNA E BOTOULLE AUGA PARA APAGALA. NON SABÍA QUE FACER PARA RESCATALOS.

ENTÓN, DECIDIU COMEZAR EL A LANZAR BÓLAS DE LUME EL TAMÉN. UNHA DELAS GOLPEOU NA CABEZA DO MONSTRO E DERRUBOUNO. MENTRES ESTABA TIRADO NO CHAN, PUIDO RESCATAR OS SEUS PAIS E LEVALOS LONXE DE ALÍ. POR FIN, SUPERRONOPIO PUIDO DARLLES UNHA APERTA.

28/04/17

CONTO INVENTADO... SEN FINAL!

IMAXE: RAMÓN PARÍS LAGO.

POIS VELAQUÍ O CONTO QUE IMAXINAMOS ENTRE TODOS A PARTIR DO NOSO DEBUXO ELIXIDO. COMEZARON OS DA CLASE DE MARI:
HABÍA UNHA VEZ UN CRONOPIO SUPERHEROE QUE SALVABA O MUNDO. TIÑA ANTENAS, UN CINTO, UNHA CAPA E ARMAS PARA DEFENDERSE. NON PARABA DE COMER HAMBURGUESAS E, POR ISO, O CRONOPIO ESTABA UN POUQUIÑO GORDO E RECHONCHO. SUPERCRONOPIO, QUE ASÍ SE CHAMABA, TIÑA UN PROBLEMA.
E CONTINUARON OS DE MARÍA:
A SÚA FAMILIA VIVÍA NA LÚA, EL NON PODÍA VOAR PORQUE INCHARA A HAMBURGUESAS E, CLARO, NON PODÍA IR VISITALA. ESTABA MOI TRISTE E PENSOU VARIAS IDEAS.
PODERÍA MERCAR UNHA NAVE ESPACIAL, PERO NON CABERÍA POLA PORTA.
PODERÍA FACER EXERCICIO, PERO ISO NON LLE GUSTABA MOITO.
POODERÍA MERCAR UNHA MOCHILA PROPULSORA, PERO SEGURO QUE NON LLE COLLERÍA O CINTO.
E CONTINUARON OS DE MAITE:
ENTÓN, OCORRÉUSELLE CAMIÑAR E COMEZOU A CAMIÑAR, O CABO DUN POUCO, ATOPOU UNHA PEGADA NO CHAN. E OUTRA E LOGO OUTRA. SEGUIUNAS E CHEGOU ATA A CASA DUN MONSTRO. MIROU POLA VENTÁ E DENTRO VIU... OS SEUS PAIS QUE FORAN CAPTURADOS POLO MONSTRO. CANDO O MALVADO MONSTRO VIU A SUPERCRONOPIO LANZOULLE UNHA BÓLA DE LUME, PERO ESTE ESQUIVOUNA E BOTOULLE AUGA PARA APAGALA. NON SABÍA QUE FACER PARA RESCATALOS.
BEN, E AQUÍ REMATA O CONTO. REMATA? POIS CLARO QUE NON. COMO NA CLASE HABÍA MOITA DISCUSIÓN SOBRE COMO ACABALO, DECIDIMOS VOTAR AS DIFERENTES POSIBILIDADES E PODEDES FACELO AQUÍ.

19/04/17

VOTACIÓN FINALIZADA

IMAXE: RAMÓN PARÍS LAGO.

DAMOS POR REMATADA A ESCOLLA DO DEBUXO DE CRONOPIO QUE MÁIS NOS GUSTABA. AGORA TOCA FACER RECONTO. NA CLASE, VEREMOS CAL É O QUE CONTA CO MAIOR NÚMERO DE VOTOS E, A TRAVÉS DEL, INVENTAREMOS UN CONTO. IREMOS INFORMANDO.

28/03/17

FAMILIAS GRANDES, MOI GRANDES

IMAXE: RAMÓN PARÍS LAGO.

POR UNHAS RAZÓNS OU OUTRAS, LEVAMOS UN MES CON DIFICULTADES PARA CELEBRAR AS CLASES DE ATENCIÓN EDUCATIVA.
NO ANTERIOR ARTIGO, PROPOÑIAMOS UNHA SESIÓN DE FpS SERVÍNDONOS DO LIBRO UNHA FAMILIA NORMAL. ESTES SON ALGÚNS ESTRACTOS. ÁS VECES, INESPERADOS.
GAS: ¿QUÉ ES MOZO?
MESTRE (M): MOZO É NOVIO.
GUI: SÍ, PORQUE EN LA MISA DE CAMELLE, EL CURA ES COMO TÚ.
M: COMO EU QUE?
XUR: GALLEGO. FALA EN GALEGO.
GUI: MOZOS, MOZAS.
ADEMAIS, ESTIVEMOS OBSERVANDO ALGÚNS DOS CADROS DO PINTOR COLOMBIANO FERNANDO BOTERO. NELES VÍANSE DIFERENTES TIPO DE FAMILIAS E TAMÉN FILOSOFAMOS SOBRE ISO. POR EXEMPLO, NESTE CASO, SE NESTA HABÍA PAI.
UNA FAMILIA, 1989.
ALE: A LO MEJOR ESTÁ TRABAJANDO.
GUI: O A LO MEJOR ESTÁ DURMIENDO Y ELLOS ESTÁN FUERA.
M: AO MELLOR, NON TEN PAPÁ.
XUR: AO MELLOR, FOI A UNHA CITA.
GUI: AO MELLOR, ESTÁ MUERTO O, A LO MEJOR, NO TIENE.
OU NESTE CADRO, MENTRES FACIAMOS UNHA LISTAXE DAS TAREFAS QUE REALIZA ESTA MULLER, ALGÚN DESTACABA DEBERES IMPORTATÍSIMOS.
LA VIUDA, 1997.
IRE: COLGAR LA ROPA
LUI: HACER LA COMIDA.
GUI: CUIDAR EL GATO.
LEO: IR A TRABAJAR.
GAB: CUIDAR A LOS HIJOS.
XUR: PLANCHAR LA ROPA.
GUI: SEIS, LLEVAMOS.
SABELA: LAVAR LA ROPA.
ALE: HEY, YA LO DIJO XUR.
M: NON, DIXO PASARLLE O FERRO Á ROUPA.
GAS: LAVAR EL GATO.
M: LA... HA, HA. LAVAR O GATO.
ALE: AL GATO NO LE GUSTA MUCHO EL AGUA.
M: NON LLE GUSTA MOITO MOLLARSE?
GUI: PERO, LO COGE Y LO METE AHÍ... DE MALA LECHE.
E, FINALMENTE, IMITANDO O ESTILO DE BOTERO, DEBUXAMOS A NOSA FAMILIA. SEGURAMENTE, UN CHISCO MÁIS GORDA QUE O NORMAL. ALGÚNS RESOLVERON AS SÚAS OBRAS REPRESENTANDO AS PERNAS GROSAS CON MOITOS CÍRCULOS (COMO NO DEBUXO DE ENRIBA) E OUTROS... OUTROS MELLOR QUE OS VEXADES VÓS.

02/02/17

SAÍDA AO PAZO DA ÓPERA


NOTA: ESTA É UNHA ENTRADA ANTIGA DO BLOG QUE VOLVEMOS PUBLICAR PORQUE ESTA SEMANA OS NENOS E NENAS DO CEIP ALBORADA ESTAMOS INDO DE EXCURSIÓN AO MESMO CONCERTO QUE OS DO CEIP DE PRÁCTICAS AQUEL 2 DE MARZO.
O VINDEIRO MÉRCORES, 2 DE MARZO, OS NENOS E NENAS DE EDUCACIÓN INFANTIL IMOS ASISTIR A UN CONCERTO NO PAZO DA ÓPERA DE A CORUÑA. CORRERÁ A CARGO DO GRUPO ARCOS IRIS E INTERPRETARÁN O SEGUINTE REPERTORIO. BOTÁDELLE UN OLLO Á LISTA DE REPRODUCIÓN DE ARRIBA. FIGURAN TODOS OS TEMAS:

O EFECTO ARCOS IRIS: UNHA VIAXE POLAS EMOCIÓNS A TRAVÉS DA MÚSICA

  1. PALLADIO DE KARL JENKINS (1944). 
  2. NOITE NO MONTE PELADO DE MODEST MUSSORGSKY (1839-1881).
  3. CAN YOU FEEL THE LOVE TONIGHT DE ELTON JOHN (1947).
  4. CHAN CHAN DE COMPAY SEGUNDO (1907-2003).
  5. CONCERTO Nº 2 EN SOL MENOR. OP. 8, RV 315, O VERÁN (PRESTO) DE ANTONIO VIVALDI (1678-1741).
  6. ADAGIO EN SOL MENOR DE TOMASO ALBINIONI (1671-1751).
  7. VALS DA BELA DURMENTE DE PIOTR ILICH TCHAIKOVSKY (1840-1893).
  8. WIEGENLIED OP. 49 N° 4 (CANCIÓN DE BERCE) DE JOHANNES BRAHMS (1833-1897).
  9. RIGAUDON DE HOLBERG SUITE, OP. 40 DE EDVARD GRIEG (1843-1907).
  10. CANCÁN DE ORFEO EN LOS INFIERNOS DE JACQUES OFFENBACH (1819-1880).
  11. VIVA LA VIDA; VIVA LA VIDA OR DEATH AND ALL OF HIS FRIENDS (2008) DE COLDPLAY.

16/01/17

BECHOS DIVERSOS

IMAXE: KALANDRAKA.

COMEZAMOS O ANO MIRANDO CARA O DÍA DA PAZ. E PENSAMOS EN FALAR DUN LIBRO MOI SINXELO PERO CON ALGO DE TALLADA. EFECTIVAMENTE, QUEN É ESE BECHO? AMOSA MOITOS TIPOS DE BECHOS E NÓS ESTAMOS APROVEITÁNDOO PARA REFLEXIONAR SOBRE A DIVERSIDADE.
IMAXE: KAZUYA AKIMOTO ART MUSEUM.
SE PREMEDES NA IMAXE DE EMBAIXO, PODEREDES ACCEDER Á PROGRAMACIÓN DAS VINDEIRAS SESIÓNS QUE VAN SER MOI INTERESANTES.
IMAXE: RAMÓN PARÍS LAGO.
POIS XA QUE FALAMOS DE BECHOS, AQUÍ TENDES UN XOGO ONDE PODEDES COLOREAR BECHOS, ENTRE ELES UNHA ARAÑA.
IMAXE: JUEGA PEQUE.
E MÁIS RECURSOS SOBRE INSECTOS DIVERSOS: UN MEMORY.
IMAXE: BALARA.
E AÍ VAI UNHA CANCIÓN SOBRE UN DELES: A ARAÑA INCY WINCY. UNHA GRAN AMIGA QUE, AO IGUAL QUE OS OUTROS DOUS RECURSOS, TAMÉN PODEDES VER EN AO QUE XOGAMOS. ESTE ÚLTIMO, NA SECCIÓN XOGOS COA MÚSICA.

ESTIVEMOS APRENDENDO UNHA VERSIÓN EN CASTELÁN. PODÉDELA ESCOITAR PREMENDO AQUÍ. E MESMO CANTAMOS UNHA VERSIÓN MADE IN A TROPA EN GALEGO:
INCY WINCY ARAÑA SUBIU O CANALÓN.
VEU A CHUVIA E CAEU DE CU.
SAIU O SOL E SECOU A CHUVIA.
E INCY WINCY ARAÑA OUTRA VEZ SUBIU.
NON DIREDES QUE NON TENDES ONDE ELIXIR. A VERSIÓN MÁIS PLURILINGÜE DE PAULO.