21/12/15

NADAL NA CLASE

IMAXE: RAMÓN PARÍS LAGO.
ESTE MES NON PARAMOS. COMEZÁMOLO PREPARANDO UNHA CASA PARA O POBOADO DE NADAL QUE SE COLOCOU NA ENTRADA DO COLEXIO. IDEAMOS CONSTRUILA MOI PARECIDA Á CASIÑA DE CHOCOLATE DE HANSEL E GRETEL.
DESPOIS ESTIVEMOS DECORANDO A BOLSA NA QUE IAMOS LEVAR Á CASA OS NOSOS TRABALLOS.
VISITOUNOS O CARTEIRO REAL E NÓS... NÓS... NÓS ENTREGÁMOSLLE A CARTA DE PAPÁ NOEL. :)
E, FINALMENTE, DESPOIS DE ENSAIAR MOITO, INTERPRETAMOS A CANCIÓN POLO NADAL, TURRÓN E MAZAPÁN NA FESTA DE NADAL DO COLEXIO. DA ACTUACIÓN NON TEMOS FOTO :(
IMAXES: RAMÓN PARÍS LAGO.
FELICES FESTAS A TODOS E TODAS!

14/12/15

ANIVERSARIOS DE MIGUEL E CATALINA

IMAXE: RAMÓN PARÍS LAGO.

UN NENO E UNHA NENA QUE ENTRAN NO CLUB DOS 3 E, POR SUPOSTO, ESTIVÉMOSLLE COMENDO UN ANACO DE DELICIOSO BISCOITO. ANTES, COMA SEMPRE, CANTÁMOSLLES EN TRES IDIOMAS. OMG!
X. RODÍGUEZ (LETRA) E E. NOVOA (MÚS.)
IMAXE: RAMÓN PARÍS LAGO.

08/12/15

CANCIÓN PARA O NADAL


ACHÉGASE O NADAL E NÓS XA IMOS CANTANDO ALGUNHA PANXOLIÑA. CON ESTA ÍMOLO PASAR XENIAL! INTERPRÉTANA OS NENOS E NENAS DA EEI NOSA SEÑORA DO CARME DE MARÍN (PO).

04/12/15

MÁIS EXPERIMENTOS

IMAXE: RAMÓN PARÍS LAGO.

DESDE QUE NON ESCRIBIMOS SOBRE A NOSA INICIATIVA DIDÁCTICA SOBRE A CIENCIA, LEVAMOS TRES QUENDAS MÁIS DE EXPERIMENTOS. LEMBRADE QUE COMEZAMOS CON EXPERIMENTOS NOS QUE USABAMOS LUME, AUGA E AIRE. POIS BEN, A SEMANA SEGUINTE A ESA COMEZAMOS CUNHA XEIRA DE PRÁCTICAS ONDE MESTURABAMOS AUGA CON OUTRAS SUBSTANCIAS E, COMA SEMPRE, TRATABAMOS DE PREDICIR O QUE ÍA PASAR E COMPROBABAMOS O QUE FINALMENTE OCORRÍA.
  • ACEITE.

  • SAL.
  • CACAO SOLUBLE.
  • AZUCRE.

OUTRO GRUPO DE EXPERIMENTOS REALIZÁMOLOS A SEMANA PASADA. DESTA VOLTA, MESTURAMOS CORES E, SORPRENDENTEMENTE, SAÍAN OUTRAS NOVAS. XA QUE TRATABAMOS ESA TEMÁTICA, ESTIVEMOS A LER PEQUENO AZUL E PEQUENO AMARELO DE LEO LIONNI.
  • AZUL/VERMELLO (SAÍRONNOS 2 CORES DIFERENTES!).

  • AMARELO/AZUL.


  •  VERMELLO/AMARELO.


  •  BRANCO/NEGRO.


  •  BRANCO/VERMELLO.

E XA ESTA SEMANA, DEDICÁMONOS A SOMERXER (OU TRATAR DE FACELO) ALGÚNS OBXECTOS NA AUGA. QUERIAMOS COMPROBAR SE FLOTABAN OU NON.
IMAXES: RAMÓN PARÍS LAGO.
COMO NAS PRIMEIRAS EXPERIENCIAS, FOMOS REXISTRANDO O SEGUIMENTO DO MÉTODO CIENTÍFICO MEDIANTE FICHAS ONDE IAMOS ANOTANDO (FICHAS QUE, POR CERTO, XA PODEN SER CONSULTADAS NA PAREDE DE ENTRADA DA AULA E, DENTRO DE POUCO, NUN CADERNO DE EXPERIMENTOS).

27/11/15

SAÍDA AO CGAI

IMAXE: RAMÓN PARÍS LAGO.

ESTIVEMOS TODA A SEMANA PASADA FALANDO DA SAÍDA AO CGAI (O CINE, COMO LLE CHAMAMOS NÓS). LEMBRABAMOS AS PELÍCULAS QUE IAMOS VER...

SHANGOUL E MANGOUL


O PEIXE ARCO DA VELLA


LILI HOSAK (PE PE PEQUENO ESTANQUE)


...FALABAMOS DE QUE PODERÍAN TRATAR E, NO RECANTO DA BILBIOTECA, ESTIVEMOS A DISCUTIR SOBRE A RUTA QUE DEBERÍA SEGUIR O BUS QUE NOS ÍA LEVAR. EFECTIVEMENTE, PARTIMOS DUN TEXTO REAL (UN MAPA DE A CORUÑA DESCARGADO DE GOOGLE MAPS), PARA SITUAR O NOSO PUNTO DE PARTIDA E O DE CHEGADA. MIRADE A PABLO E A MARCOS CONSULTANDO O MAPA.
IMAXE: RAMÓN PARÍS LAGO.
VIMOS QUE SÓ SE PODÍA IR POLOS CAMIÑOS BRANCOS (AS RÚAS) E EVITAMOS MARCAR O PERCORRIDO POLAS PARTES GRISES (OS EDIFICIOS). TAMÉN NOS QUEDOU CLARO QUE NON RESULTABA RECOMEDABLE DICIRLLE AO CONDUTOR QUE NOS LEVASE POLA PRAIA OU O MAR.
IMAXES: RAMÓN PARÍS LAGO.

26/11/15

ANIVERSARIOS DE MARTINA E MICHAEL

NON FOI SEN TEMPO! NON PUBLICAMOS AS IMAXES POR PROBLEMAS VARIOS :).
UN NENO E UNHA NENA ENTRARON HAI UNHAS SEMANAS NO CLUB DOS 3. MARTINA E MICHAEL CONVIDÁRONNOS A UN ANACO DE DELICIOSO BISCOITO E NÓS, A CAMBIO, CANTÁMOSLLE EN TRES IDIOMAS. OMG!
ESTE É O TEU DÍA, 
DÍA DO TEU CUMPREANOS.
HOXE É O TEU DÍA, 
DÍA NO QUE TI FAS ANOS.
X. RODÍGUEZ (LETRA) E E. NOVOA (MÚS.)

22/11/15

CAMBIO DE IMAXE

IMAXE: CAPTURA D'A TROPA DE PAULO.

COMO VEDES, A TROPA CAMBIOU DE ASPECTO. QUERIAMOS FACER MÁIS CLARA A SÚA VISUALIZACIÓN E DECIDIMOS MUDAR AS CORES DO BLOG. PARA TER SEMPRE NA LEMBRANZA A ANTIGA IMAXE, DEIXAMOS UNHA CAPTURA. AGARDAMOS QUE VOS GUSTE.

20/11/15

ANIVERSARIO DE ADELA

IMAXE: RAMÓN PARÍS LAGO.

OUTRA NENA QUE ENTRA NO CLUB DOS 3. ONTE, ADELA CONVIDOUNOS A UN ANACO DE DELICIOSO BISCOITO E NÓS, A CAMBIO, CANTÁMOSLLE EN TRES IDIOMAS. OMG!
ESTE É O TEU DÍA, 
DÍA DO TEU CUMPREANOS.
HOXE É O TEU DÍA, 
DÍA NO QUE TI FAS ANOS.
X. RODÍGUEZ (LETRA) E E. NOVOA (MÚS.)

18/11/15

EXEPERIMENTOS CON LUME E AUGA

IMAXE: ISSUU.

COMO TODOS SABEDES, DURANTE ESTA SEMANA ESTAMOS A DESENVOLVER EN EDUCACIÓN INFANTIL A INICIATIVA DIDÁCTICA "EXPERICIENCIA". NAS SEMANAS ANTERIORES DEDICÁMONOS A REALIZAR PRÁCTICAS CON AUGA, LUME E (AÍNDA QUE NON SE VEXA) AIRE. ESTA SEMANA CENTRÁMONOS NA AUGA E A MESTURA CON DIFERENTES SUBSTANCIAS. ESTA IMAXE É UN ADIANTO DESAS EXPERIENCIAS.
XA TEMOS PREPARADOS OS DOCUMENTOS DE REXISTRO DA PRIMEIRA XEIRA DE EXPERIMENTOS, COMO PODEDES VER NO DOC ISSUU DE ARRIBA. O PROCESO SEGUIDO COMEZA COA PREPARACIÓN DOS MATERIAIS.
IMAXE: RAMÓN PARÍS LAGO.
CONTINÚA CO ESTABLECEMENTO DE HIPÓTESES.
IMAXE: RAMÓN PARÍS LAGO.
COA REALIZACIÓN DO EXPERIMENTO EN SI.
E, FINALMENTE, COA OBSERVACIÓN DOS EFECTOS.
IMAXE: RAMÓN PARÍS LAGO.
NO MEDIO DE TODO ISTO, ESTIVEMOS A FACER UN EXPERIMENTO MULTITUDINARIO COA AUGA, O XABÓN E, SOBRE TODO, AS BURBULLAS.
IMAXE: RAMÓN PARÍS LAGO.
IMAXE: BLOG COUSAS DE NEN@S.

05/11/15

ANIVERSARIO DE ALBA

IMAXE: RAMÓN PARÍS LAGO.

OUTRA NENA QUE ENTRA NO CLUB DOS 3. O OUTRO DÍA ALBA CONVIDOUNOS A UN ANACO DE DELICIOSO BISCOITO E NÓS, A CAMBIO, CANTÁMOSLLE EN TRES IDIOMAS. QUE NIVEL!
ESTE É O TEU DÍA, 
DÍA DO TEU CUMPREANOS.
HOXE É O TEU DÍA, 
DÍA NO QUE TI FAS ANOS.
X. RODÍGUEZ (LETRA) E E. NOVOA (MÚS.)
PD: NOUTRO ARTIGO COMENTABAMOS QUE NA CLASE USABAMOS UN CÓDIGO DE CORES PARA DIFERENCIAR OS DÍAS. POIS BEN, AGORA NON SÓ É DE CORES. TAMÉN USAMOS FORMAS. MIRADE QUE BONITOS.

03/11/15

PARA CIENTÍFICOS, NÓS

IMAXE: RAMÓN PARÍS LAGO.

A SEMANA, ENTRE TANTA LEA DE SAMAÍN/MAGOSTO, VISITÁRONNOS O PAI E A NAI DUNHA NENA DOUTRA CLASE. PREGUNTARÉDESVOS QUE TIÑAN DE PARTICULAR? POIS QUE SON CIENTÍFICOS. ENTÓN ESTIVÉRONNOS APRENDENDO ALGÚN EXEPIMENTOS QUE NOS SORPRENDERON A TODOS E TODAS.
CON ELES SOUBEMOS QUE, PARA APLICAR O MÉTODO CIENTÍFICO, ADEMAIS DE EXEPRIMENTAR, DEBEMOS ANTES FORMULAR HIPÓTESES E, FINALMENTE, EXTRAER CONCLUSIÓNS.
ESTA VISITA INICIARÁ UN CAMIÑO QUE IREMOS PERCORRENDO NAS AULAS E QUE NOS LEVARÁ A PRACTICAR DIVERSOS EXPERIMENTOS.
SEGUIREMOS INFORMANDO.

01/11/15

ANIVERSARIO DE PABLO

IMAXE: RAMÓN PARÍS LAGO.

SEGUIMOS DE FESTEXOS. DESTA VOLTA, RISCAMOS NO CALENDARIO O ANIVERSARIO DE PABLO. POR SUPOSTO, CANTAMOS E PAPAMOS UN BO BISCOITO. PARABÉNS!
ESTE É O TEU DÍA, 
DÍA DO TEU CUMPREANOS.
HOXE É O TEU DÍA, 
DÍA NO QUE TI FAS ANOS.
X. RODÍGUEZ (LETRA) E E. NOVOA (MÚS.)

30/10/15

MAGOSTO/SAMAÍN


ESTIVEMOS ESTA SEMANA FALANDO MOITO DO SAMAÍN. LEMOS ALGÚN LIBROS SOBRE O TEMA.
IMAXE: ED. OCÉANO.
IMAXE: KALANDRAKA.
A TRAVÉS DO PRIMEIRO LIBRO ESTIVEMOS A COMPOÑER A CARA DO HORRIBLE MONSTRO VERDE NO RECANTO DE PLÁSTICA. CON TODAS AS CARAS DECORAMOS TERRORIFICAMENTE A ENTRADA DO COLEXIO.
ESTE XOVES DEDICÁMOLO A CELEBRAR O MAGOSTO. PRIMEIRO, FOMOS BOTARLLES UN OLLO ÁS CABAZAS EXPOSTAS NOS CORREDORES. A MÚSICA SOABA A MISTERIO E A LUZ BRILLABA TENUE.
IMAXE: RAMÓN PARÍS LAGO.
DESPOIS ACUDIMOS AO PATIO CUBERTO (FÓRA CHOVIA A CHUZOS) E VISITAMOS COS NOSOS CESTOS COLGADOS NO COLO AO CASTAÑEIRO.

IMAXE: RAMÓN PARÍS LAGO.
FINALMENTE, SENTAMOS NOS BANCOS DO XIMNASIO E (ALGÚNS SOBRE TODO) INCHARON A CASTAÑAS.
IMAXE: RAMÓN PARÍS LAGO.